Conferencia en Pontevedra

Posted by franciscocastro - 05/06/12 at 02:06 p.m.

Mañá mércores, ás 20 horas, na Librería Cronopios de Pontevedra, estou convidado para falar da miña obra e actividade literaria. O título que escollimos é O ESCRITOR NÁUFRAGO (POR QUE ESCRIBO?).

O meu presentador será o meu amigo, o poeta Carlos Fontes.

Será unha boa ocasión para reflexionar sobre o por que de tantas horas, todos os días e durante tantos anos, á escrita, á creación literaria. E prometo falar do que é para min a literatura. E a comunicación. E a vida. E o amor. E o naufraxio.

E como as palabras me salvan todos os días.

Os comentarios están pechados.