A SEMANA QUE VÉN, ‘O NENO CAN’ NAS LIBRERÍAS

Posted by franciscocastro - 27/04/12 at 02:04 p.m.

Esta mañá, cando cheguei á editorial, tiña un fermoso agasallo esperándome enriba da mesa, sobre os xornais do día. O primeiro exemplar, chegado directamente do prelo, recendendo a gloria, do meu novo libro, escrito a catro  mans coa grandísima e xenerosa Fina Casalderrey (grazas, Fina, nunca poderei estar á altura disto que me dás, deixándome escribir contigo, canda ti, xunta ti, á beira túa), O neno can.

Como xa vos contei, é un libro en favor de UNICEF e, dende a semana que vén, andará xa polas librerías de todo o país.

Hoxe, feliz e contento.

Os comentarios están pechados.