Velaquí a cuberta de O NENO CAN

Posted by franciscocastro - 18/04/12 at 02:04 p.m.

Pois hoxe teño a honra de presentarvos a cuberta de O NENO CAN, o libro que nunhas semanas estará á venda (Editorial Galaxia) e que escribimos, a catro mans, con vinte dedos, Fina Casalderrey e un servidor. Patricia Castelao encargouse da parte plástica, ilustrando o interior e preparando esta moi suxestiva capa.

Como xa comentei, é un libro en favor de UNICEF e que se centra nos dereitos, ou máis ben na falla deles, da infancia.

Espero que vos guste.

Os comentarios están pechados.