O NENO CAN

Posted by franciscocastro - 13/04/12 at 02:04 p.m.


Acaba de entrar na imprenta o meu novo libro, escrito a catro mans con Fina Casalderrey, O NENO CAN. A ilustradora é Patricia Castelao. Vai dirixido a nenos e nenas, adultos e adultas, entre os seis e os 125 anos.
É un libro de relatos nos que quixemos abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, contamos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas; a discriminación de quen é diferente por calquera motivo e así carne de canón social…
É un libro en beneficio de UNICEF e chegará ás librerías de todo o país nos primeiros días de Maio.
Como imaxinaredes, estamos ben contentos.

Os comentarios están pechados.