Archive for Abril, 2012

ISTO SÓ SE AMAÑA CON AMOR

30th Abril 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en ISTO SÓ SE AMAÑA CON AMOR

Comecei a miña colaboración co ilusionante proxecto de Sermos Galiza, cun artigo que titulei como vedes aí enriba. Podédelo ler aquí.

FÓRA AS CLASES DE RELIXIÓN DO ENSINO XA!!!

28th Abril 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en FÓRA AS CLASES DE RELIXIÓN DO ENSINO XA!!!

Leo en Religión en Libertad (non se apuren, cheguei aí polo titular vía twitter), que os bispos consideran que hai unha campaña mediática para que os pais e as nais non anoten en clases de relixión aos seus fillos e fillas. Xa saben, coma se fosen menores de idade e medio parvos, os proxenitores esperan […]

A SEMANA QUE VÉN, ‘O NENO CAN’ NAS LIBRERÍAS

27th Abril 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en A SEMANA QUE VÉN, ‘O NENO CAN’ NAS LIBRERÍAS

Esta mañá, cando cheguei á editorial, tiña un fermoso agasallo esperándome enriba da mesa, sobre os xornais do día. O primeiro exemplar, chegado directamente do prelo, recendendo a gloria, do meu novo libro, escrito a catro  mans coa grandísima e xenerosa Fina Casalderrey (grazas, Fina, nunca poderei estar á altura disto que me dás, deixándome […]

É CERTO: MERQUEI O HOLA!

26th Abril 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en É CERTO: MERQUEI O HOLA!

Confeso: merquei o Hola! Hai uns días cheguei con máis tempo do esperado a un lugar onde tiña que falar. En Vigo, pero nunha parte da cidade na que non paro moito. Saín con tempo porque sei do complexo de aparcar pola zona. Pero a sorte estivo comigo e atopei á primeira. Así que baixei […]

CANDO OS QUE NOS TEÑEN QUE COIDAR, ATACAN

20th Abril 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en CANDO OS QUE NOS TEÑEN QUE COIDAR, ATACAN

Hai montada unha lea -e non é para menos- pola nova esa de que os axentes de seguridade de Obama aproveitaron unha visita a Colombia para relacionarse con prostitutas. Seica once axentes de élite (que carallo significará iso?) levaron prostitutas ao seu luxoso hotel, despois de, segundo o informe interno, “enlouquecer” (que carallo significará iso?) […]

Velaquí a cuberta de O NENO CAN

18th Abril 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Velaquí a cuberta de O NENO CAN

Pois hoxe teño a honra de presentarvos a cuberta de O NENO CAN, o libro que nunhas semanas estará á venda (Editorial Galaxia) e que escribimos, a catro mans, con vinte dedos, Fina Casalderrey e un servidor. Patricia Castelao encargouse da parte plástica, ilustrando o interior e preparando esta moi suxestiva capa. Como xa comentei, […]

CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE

14th Abril 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE

Onte tiven a fortuna de poder ler un texto dentro dun acto promovido por SOS Sanidade Pública en Galiza, relacionado coa Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da sanidade pública galega. Un mollo de xentes da cultura e da política de Vigo, fomos convidados a prestar a nosa voz, a nosa sinatura e compromiso, a prol […]

O NENO CAN

13th Abril 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en O NENO CAN

Acaba de entrar na imprenta o meu novo libro, escrito a catro mans con Fina Casalderrey, O NENO CAN. A ilustradora é Patricia Castelao. Vai dirixido a nenos e nenas, adultos e adultas, entre os seis e os 125 anos. É un libro de relatos nos que quixemos abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, […]

AQUEL CINE ROXY SEN 3D DA MIÑA INFANCIA

12th Abril 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en AQUEL CINE ROXY SEN 3D DA MIÑA INFANCIA

Será porque medrei dentro do Cine Roxy, en Teis, indo case que a diario a ver pelis en Sesión Continua, sobre todo fitas de piratas, de Bruce Lee, spaghetti western para parar un tren, de El Zorro, de Drácula… e daquela amo tanto ese xénero, perfecto para contar historias, que vexo cun certo escepticismo non […]

OS QUE NON TEMOS PUTA IDEA (post con exhabruptos e pedindo perdón e que disimulen)

11th Abril 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS QUE NON TEMOS PUTA IDEA (post con exhabruptos e pedindo perdón e que disimulen)

Eles, especulando. Hai xente con nome e apelidos, que viven probablemente en casas limpiñas, que saben sorrir e están ben educados, que traballan, claro, todos no primeiro  mundo, que viven de especular, que entenden a realidade como un xogo no que os que curramos, os que tiramos para adiante como podemos, somos só pezas que […]