A pegada de Eros

Posted by franciscocastro - 16/03/12 at 03:03 p.m.

Así titula hoxe Montse González o seu traballo no suplemento Luces de El País, no que fala da pegada da literatura erótica na galega. Entre outros, falo eu. Podes lelo todo aquí.

Por unha banda falei da contaminación da tradición xudeo-cristiana, que nos leva a ler mal este tipo de literatura, con prexuízos (e nin che conto se quen escribe é muller). A xente non se queda coa parte literaria, senón que hai quen le ese tipo de literatura buscando excitarse (e para iso tamén pode valer, estou de acordo, pero a validez estética da literatura, tamén da erótica, debe de ser o primeiro).

Ler en clave porno, deturpa totalmente a lectura. Pero a culpa é da tradición cultural occidental, que sempre satanizou o corpo e os seus praceres.

Nese senso, a literatura erótica é fondamente liberadora.

Así que, para que vos liberedes, lembrade que nese banner da dereita podedes descargar totalmente de balde o meu libro de relatos eróticos, Xeografías.

 

Os comentarios están pechados.