Leva de balde o meu libro XEOGRAFÍAS

Posted by franciscocastro - 15/03/12 at 03:03 p.m.

Hai dez anos, Edicións Positivas tivo a boa idea de convocar un premio de literatura erótica. Eu concursei e quedei finalista con Xeografías, un mollo de relatos eróticos que, dende hoxe, podes levar totalmente de balde premendo na ligazón da cuberta que verás aí á dereita.

Non custa un céntimo de euro. É, como o amor, para compartir. É teu. Baixao e leva o PDF no ordenador, no móbil, no iPad, no eReader, lévao onde che pete.

E se che presta, pois xa me contas.

Un beixo. Erótico a máis non poder.

Os comentarios están pechados.