QUE CORRIDA!!! (POR QUE GALICIA NON É ESPAÑA)
Posted by franciscocastro - 05/03/12 at 02:03 p.m.Hoxe todos os xornais, incluso os galegos (manda truco, coa tradición toureira que hai por aquí) comentan, dedicándolle incluso máis espazo que aos mortos do Congo, a reaparición do toureiro Padilla, que se xa metía medo vestido de toureiro, así, cun ollo tapado en plan piratón, dá moito máis. E vaia por diante que me alegro de que non morrese cando o touro lle escoñou o ollo. Pero vaia tamén por diante que me espanta o seu traballo que eu prohibiría, ilegalizaría, reprimiría e moitas máis cousas que rematan en ía.
As teles, que non van ser menos nisto de entronizar a paixón española y olé y olé, amósannos á xente aplaudíndolle antes de ir á praza, cando sae á praza, mentres fai a faena e, claro, despois, cando o sacan a ombros. Que imaxino que terá moito que ver co ben que o fixese e coa ledicia que sentirán, os afeccionados á barbaridade esa, por recuperalo tras o que lle pasou.
Unha emisora galega, pola mañá, comentaba o asunto (era un locutor de aquí, non estaban emitindo dende Madrid) e falaba da boa nova para la fiesta nacional.
Se esta é a festa nacional, e tendo en conta que en Galicia deben ir aos touros menos do un por cento da poboación, daquela, Galicia is not Spain.
Xa sabedes, a min interésanme outras corridas (ou non é máis interesante esta foto de aquí abaixo que a de arriba?)
Olé.




Marzo 5th, 2012 at 5:15 p.m.
Moito máis…
Marzo 5th, 2012 at 6:06 p.m.
Vexo que estamos de acordo.
Marzo 5th, 2012 at 10:27 p.m.
España país de sangre y arena, sen esquecérmonos da chamada «furia española». Galicia ren que ver con iso. No dos touros e noutras cousas vese que África remata no Cebreiro. O tal Padilla (ao mellor é unha gran persoa)semella talmente un bandoleiro de Sierra Morena. Aquí se chamaría Padela e levaría todo o máis unha boina e unha vara para aguilloar, sen demasiada mala leche, as súas vacas, porque somos o país que ten máis aguante e o mellor leite do mundo (así nos vai), e cando me refiro ao leite galego, coidadiño, non me estou a referir ao leite das corridas.
Marzo 5th, 2012 at 11:13 p.m.
Marzo 7th, 2012 at 2:25 p.m.
Polo menos o touro non morre torturado, senon..de un susto.
Saludos náufragos.
Marzo 7th, 2012 at 6:07 p.m.
Saúdos náufragos.