Archive for Marzo, 2012

COMO ATOPAR O PUNTO G

31st Marzo 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en COMO ATOPAR O PUNTO G

Hai uns días limos que a TVG pedíalle a unha presentadora que deixase de usar a gheada e que falase, digamos, en normativo. Seica ela dicía ghrasias e cousas así que, na fala, dende logo, son perfectamente válidas pero seica, na tele, non o son tanto. O primeiro que pensei cando atopei a nova foi […]

CANDO MANDAN OS PSICÓPATAS

26th Marzo 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en CANDO MANDAN OS PSICÓPATAS

Grazas a Xosé Bangueses, atopo un artigo que nos conta que un de cada dez empregados de Wall Street é un psicópata. A cousa non me sorprende, é máis, estou certo de que son moitísimos máis. Só o un por cento dos que nos dirixen están pirados? Teñen que ser moitos máis digan os estudos […]

Por que (creo) que non estou tolo

23rd Marzo 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Por que (creo) que non estou tolo

Debo dicir, e digo, que non estou tolo e que sei por que. Sei que non estou tolo porque comigo viven, dende que nacín, seres azuis nun submariño amarelo que me informan dos usos e costumes dos habitantes dos planetas que aínda non se descubriron. Cando os deixo sair dormen nese hotel que eu teño […]

A pegada de Eros

16th Marzo 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en A pegada de Eros

Así titula hoxe Montse González o seu traballo no suplemento Luces de El País, no que fala da pegada da literatura erótica na galega. Entre outros, falo eu. Podes lelo todo aquí. Por unha banda falei da contaminación da tradición xudeo-cristiana, que nos leva a ler mal este tipo de literatura, con prexuízos (e nin […]

Leva de balde o meu libro XEOGRAFÍAS

15th Marzo 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Leva de balde o meu libro XEOGRAFÍAS

Hai dez anos, Edicións Positivas tivo a boa idea de convocar un premio de literatura erótica. Eu concursei e quedei finalista con Xeografías, un mollo de relatos eróticos que, dende hoxe, podes levar totalmente de balde premendo na ligazón da cuberta que verás aí á dereita. Non custa un céntimo de euro. É, como o […]

GALIZA: O PAÍS IDEAL É O PAÍS VIRTUAL

12th Marzo 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en GALIZA: O PAÍS IDEAL É O PAÍS VIRTUAL

A semana pasada estiven na Universidade de Aveiro nun Congreso sobre Linguas Minorizadas e Novas Tecnoloxías. A min pedíronme que falase da situación do galego e das TIC. Déixovos aquí , en PDF, a conferencia completa. Espero que vos guste.

O máis alto, o máis forte, o máis guapo

11th Marzo 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en O máis alto, o máis forte, o máis guapo

Hoxe, no Suplemento Extra Voz de La Voz de Galicia, distintos escritores e escritoras falan ou ben da súa experiencia como fillos/as ou ben como pais/nais. Eu escollín esta derradeira opción. E como o suplemento non está na rede, déixovos aquío meu artigo sobre o asunto. A foto que acompaña estas liñas é a que […]

QUE CORRIDA!!! (POR QUE GALICIA NON É ESPAÑA)

5th Marzo 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en QUE CORRIDA!!! (POR QUE GALICIA NON É ESPAÑA)

Hoxe todos os xornais, incluso os galegos (manda truco, coa tradición toureira que hai por aquí) comentan, dedicándolle incluso máis espazo que aos mortos do Congo, a reaparición do toureiro Padilla, que se xa metía medo vestido de toureiro, así, cun ollo tapado en plan piratón, dá moito máis. E vaia por diante que me […]

A XENTE QUE LE É MOITO MÁIS FELIZ

2nd Marzo 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en A XENTE QUE LE É MOITO MÁIS FELIZ

Non é que o diga eu, é que o din os da Universidade de Maryland, e, daquela, a cousa ten como que moita máis validez. Concretamente, é un estudo feito por sociólogos desa institución educativa e que analizou datos dos últimos trinta anos chegando a conclusión de que a xente que é capaz de verbalizar […]