Archive for Febreiro, 2012

E OS EMPRESARIOS, REALMENTE CONTENTOS

11th Febreiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en E OS EMPRESARIOS, REALMENTE CONTENTOS

Eu creo que si que temos que empezar a preocuparnos en serio. E miren que eu non son moi de dicir estas cousas, pero hai algo que agora mudou, dende que goberna o PP, que xa non é igual que cando gobernaba o PSOE. E é que antes, na era Zapatero, falaban da necesidade de […]

Por unha reivindicación da asignatura de Música

9th Febreiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en Por unha reivindicación da asignatura de Música

Leo sobre un estudo no que unha psicóloga preguntou a máis de 3000 persoas sobre os recordos que tiñan asociados á música dos Beatles. Mágoa non me preguntara a min, porque había darlle unha conferencia completa. O estudo amosa con claridade algo que xa sabiamos: que existe unha especie de memoria musical, que fai que […]

LER E RELER OS CLÁSICOS

8th Febreiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en LER E RELER OS CLÁSICOS

Hai un par de días, comendo en Madrid cun grupo de editores, autores, ilustradores, etc., xurdiu, inevitablemente, a pregunta referida ao que estabamos lendo. Eu, como son dos que len varias obras ao tempo, dixen que respostaría ao final. E fun oíndo: case que todas e todos citaban obras que eran moi recentes nas librerías. […]

O PENE DE STEVE JOBS E A PIROLIÑA DE SHIN CHAN

4th Febreiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en O PENE DE STEVE JOBS E A PIROLIÑA DE SHIN CHAN

Todos coñecedes a revista Muy Interesante, unha publicación que, dende os xa afastadísimos tempos das nosas adolescencias, foi achegándonos, dun xeito ameno e divulgativo, ás cuestións da ciencia. Hai décadas era unha revista gorda con moitas palabras e un aire algo serio. Dende a aparición doutras máis light coma Quo, e para manter as vendas, […]

PARA OS TOUROS SI QUE HAI CARTOS

3rd Febreiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en PARA OS TOUROS SI QUE HAI CARTOS

Wert, o Ministro de Educación, anunciou que vai destinar máis cartos para os touros. A saber, non para o seu coidado ou para permitirlles pasar máis tempo coas vacas, que iso si que sería interesante para as corridas, senón a iso que os rancios e baballas bárbaros barbarizados chaman a festa nacional (por iso España […]

RAJOY TEN PREVISTO PECHAR TODOS OS COLES DE CURAS E MONXAS

1st Febreiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en RAJOY TEN PREVISTO PECHAR TODOS OS COLES DE CURAS E MONXAS

Leo con estrépito e con escándalo e con incredulidade e con cabreo que unha das razóns para cargarse a Educación para a Cidadanía é que, segundo o Ministro de Educación (e todas as radios dereitonas esta mañá aplaudían ata facerse sangue dándolle a razón) na escola hai que fuxir dos adoutrinamentos. Como moi ben apuntaban […]