OS VALORES NOCIVOS QUE ENCARNA LETIZIA ORTIZ
Posted by franciscocastro - 17/02/12 at 03:02 p.m.
Hai unha revista en Francia que se chama Point de Vue, prensa rosa en estado puro, que se ocupa no número do 7 de febreiro, en portada, seica, da pésima situación na que se atopa a monarquía española debido a, segundo eles, os escándalos finaceiros, os (cito) «campañas calumniosas contra os soberanos», etc. Levan a Letizia Ortiz a portada para dicir que é a única posible salvadora da monarquía polos valores que encarna, a saber, humildade e discreción. O escritor Raphael Morata ecribe: «Dende hai algúns meses, a familia real española non para de recibir golpes. Entre o escándalo financeiro e a publicación dun libro explosivo, só un membro dos Borbóns segue facendo soñar: Letizia. Con humildade e discreción, encarna, agora máis ca nunca, o porvir da monarquía».
A cousa é preocupante. Non porque o diga un escritor máis ou menos marujo senón por se leva razón. Se finalmente os españois rematan «perdoando» estes comportamentos tan escandalosos, precisamente, polos valores que encarna Letizia, imos, con perdón, de nádegas. Porque, ata onde eu sei, Letizia Ortiz era unha xornalista exitosa que deixou todo, o seu traballo, as súas aspiracións, o seu deselvolvemento persoal como muller e traballadora, para ocupar un segundo plano diante do seu home e integrarse nunha familia política na que as mulleres non poden desempeñar postos de responsabilidade (eu non son monárquico, pero se alguén ten que reinar imaxino que o lóxico -non o constitucional- é que sexa Elena)… Ela representa o papel da muller-floreiro que non aporta nada máis que palmito, presenza, sorriso en calquera circunstancia, incluso cando non haxa moitos motivos para sorrir. Se cadra, déixanlle que demostre compaixón cando se dedica a «labores humanitarios» en plan leididí. Pero as cousas do estado, as importantes, as da política, as da historia, a das decisións, quedarán para o seu home, que para iso é un macho e ten pene e, semella, futuro rei grazas a ela, que vai salvar, din os franceses, a monarquía española.


Febreiro 17th, 2012 at 9:52 p.m.
Suscribo punto por punto, Francisco.
Y pregunto, ahora que estamos recorta que te recorta, ¿Necesitamos la monarquía?
Yo no.
Un abrazo.
Febreiro 17th, 2012 at 11:19 p.m.
Eu tampouco.
Febreiro 19th, 2012 at 2:38 p.m.
Non nego que a dona Letizia lle guste o seu marido, pero o poder, figurar e «sobresaír» gústalle moitísimo, só hai que reparar no seu nome, Letizia, escrito con z e non con c, como o poñería, sen exclusividade, o vulgo vulgar ou o vulgar vulgo, osease la plebe; e cando morra dona Letizia, cousa que non lle desexo a ninguén, o malo será que seguirá a haber moitas Letizias e moitos Letizios, con z, que ademais se fagan chamar, pongamos por caso, dona Letizia Bastarreche y Bustamante del Mazo.
Febreiro 19th, 2012 at 2:41 p.m.
E digo eu, de quen se rirá dona Letizia, con z,cando sae toda elegante na tele?
Febreiro 19th, 2012 at 4:43 p.m.
Pois rise dos Franziskos vulgares coma ti e coma min. Moi ben explicadlo, Maeloc.
Febreiro 19th, 2012 at 11:21 p.m.
Vai sendo hora de recortar pola parte da familia real, cada vez máis grande, máis prescindible e máis perigosa.
Febreiro 20th, 2012 at 8:22 a.m.
Se do que se trata é de facer recortes, eu por aí vexo claro…
Febreiro 20th, 2012 at 1:43 p.m.
Estou de acordo con que o papel da princesa é o de subalterna do príncipe, igual que o das infantas é o de «accidentes» antes da chegada dun herdeiro home o cal lles impide reinar pero tamén as libra de ir a xuízo porque como son parvas e non se enteran… vaia, que tan mal tan mal tampouco non deben de estar e Letizia algo máis que muller-floreiro debe de ser. E, por outra banda, no xornalismo as cousas non están moi ben para as mulleres, sen ir máis lonxe non creo que lle fose moi ben de segunda de Urdaci, machista e misóxino onde os haxa. A ver, que estando de acordo co fondo da cuestión o que me fastidia é que acabemos sendo sempre nós as que representamos os valores machistas, tería preferido unha foto do príncipe Felipe, a verdade. Ou de todos os que están encantados de que tela na monarquía para reforzala porque o certo é que si que cumpre ese papel á perfección, non como o outro cuñado.
Febreiro 20th, 2012 at 1:49 p.m.
Pois concordo con todo. Como non vou concordar!