O QUE VERÁ O SATÉLITE GALEGO DENDE O ESPAZO
Posted by franciscocastro - 13/02/12 at 03:02 p.m.Seica xa hai un satélite galego no espazo. Pregúntome que verá.
Igual, cando dirixa o seu electrónico ollo cara nós, verá un país fratricida especialista en elaborar estratexias para ter sempre a cabeza baixa, aturando o que lle botan porque é incapaz de poñerse de acordo consigo mesmo para sair de vez do burato.
Ou igual, cando o satélite enfoque ao país que o fixo nacer, verá un curruncho do planeta fermoso pero pequerrechiño, cun minifundio mental enorme que lle fai incapaz de pensar como país, e que cando non anda a hostias -con perdón- reivindicando as miserias localistas (Vigo-A Coruña, por exemplo) anda exterminándose mutuamente dende dentro, rompéndose, esnaquizándose soíño nas súas batalliñas interniñas.
Estou certo de que ollará para abaixo e verá unha terra anormal, onde os seus habitantes, que recibiron un don prezado que outros moitos non teñen (a lingua, poño por caso), adoitan desprezalo e traballan arreo para a súa desaparición.
Todo iso verá. E moitas máis cousas.
Que tire unhas fotos e que as envíe, a ver se véndonos dende enriba nos damos entendido de vez.



Febreiro 13th, 2012 at 4:12 p.m.
tristemente, comparto 100%
Febreiro 13th, 2012 at 5:30 p.m.
Mou triste, si.
Febreiro 13th, 2012 at 6:19 p.m.
mais claro…imposible.
Febreiro 13th, 2012 at 10:27 p.m.
Grazas.
Febreiro 17th, 2012 at 7:07 a.m.
Sharing wonderful, let me update u one thing that blog posts have become the brightest source and very important to obtain knowledge of quality free
Febreiro 20th, 2012 at 1:37 a.m.
Lembro unha banda deseñada de fai unha morea, donde unha nación crea un satélite capaz de destruir calquer pais que os intentase atacar. O final o satélite é máis listo que todos e ameaza o mundo con destruir o pais que se levante contra outro, incluido os seus creadores. Quen sabe se precisamos algo asi, ou o peor un ultimatum a terra (http://www.youtube.com/watch?v=ITSBguJnHBI) Apertas
Febreiro 20th, 2012 at 8:22 a.m.
Non sería mal invento…