MENOS TECNOLOXÍA E MÁIS POESÍA
Posted by franciscocastro - 12/02/12 at 01:02 p.m.Din que vivimos na Sociedade 2.0, absolutamente interconectados uns con outros e todo o tempo. Eu o primeiro. Teño dous ordenadores ademais do que teño no despacho, un iPad, un ereader, un móbil android con conexión á rede e, probablemente, algunha que outra cousa máis que me permite erguerme pola mañá e amargarme o almorzo coa nova do pasamento de Witney Huston, ler o que me comentan algúns amigos polo twitter e dicirlle gústame, a outros do facebook a súa actualización de estado. Xa non teño que ler periódicos de papel, aínda que o fago case que por militancia, porque todos os días unha ferramenta de software fabrica un xornal para min seguindo uns parámetros que previamente lle indiquei en función dos meus intereses, maquetado e todo. Afeitome escoitando música en streaming e teño coordinados todos os aparatos para que calquera cousa que faga nun deles apareza nos outros.
Sen embargo, e a pesar de todo o dito, ou quizais por todo o dito, reivindico hoxe máis poesía e menos tecnoloxía. E protesto diante desa definición que algúns antropólogos xa comezan a acuñar, do home do século XXI como homo tecnologicus. Quixera que non esquecéramos que o paraíso proposto polos trebellos non pode suplantar a conversa cara a cara, que a sobredose de comunicación en tempo real non pode superar o magnífico de dúas olladas que se cruzan e que se comprenden.
Poñamos a tecnoloxía ao servizo das persoas. Para seguir sendo persoas.



Febreiro 12th, 2012 at 2:27 p.m.
Caro Francisco, fundamental é moi bonito iso de comprenserse e comunicarse coa mirada. Temos demasiados aparellos tecnolóxicos nas casas. Creo que se avanzou moitísimo tecnoloxicamente, pero moito menos espiritual e artisticamente. A música pop e o cinema poden ser unha boa mostra de isto, antes, ao meu parecer de «vello», moito mellores que agora, exceptuando, por exemplo, casos como o da inmensa Amy Winehouse, pobre neniña que por idade podería ser a miña filla.
Febreiro 12th, 2012 at 11:21 p.m.
Concotdo. Recuperemos as olladas…
Febreiro 12th, 2012 at 11:24 p.m.
A tecnoloxía ao servicio das persoas, moi ben dito. A ver se somos quen de abandoar esta dependencia crecente, que que nos corten a conexión a internet non fai que vaiamos morrer do susto, que o café cos amigos é máis divertido que o chat de facebook e que os libros recomendados cara a cara, son máis xeitosos que unha ligazón apegada no perfil.
Febreiro 13th, 2012 at 8:20 a.m.
Que así sexa, Anna.
Febreiro 19th, 2012 at 2:43 p.m.
Temos que decatarnos dunha vez que o home é un animal que precisa relacionarse, falar e espresar ios seus sentimentos de xeito directo, o resto sucedaneos que nos levan a andar deprimidos e pensar que precisamos máis do que non precisamos. Apertas
Febreiro 19th, 2012 at 4:44 p.m.
Concordo. Apertas.