Por unha reivindicación da asignatura de Música
Posted by franciscocastro - 09/02/12 at 03:02 p.m.Leo sobre un estudo no que unha psicóloga preguntou a máis de 3000 persoas sobre os recordos que tiñan asociados á música dos Beatles. Mágoa non me preguntara a min, porque había darlle unha conferencia completa.
O estudo amosa con claridade algo que xa sabiamos: que existe unha especie de memoria musical, que fai que asociemos determinados sons e tonadas a momentos especiais da nosa vida. E, sobre todo, que a música que escoitamos na adolescencia vai marcarnos indubidablemente. Isto é así e demóstrase de cada vez con máis forza. Os enfermos de Alzhéimer, por exemplo, retardan a evolución da enfermidade se traballamos con música con eles, se os poñemos a cantar…
De sempre defendín que, se eu fose ministro de educación, a única asignatura que mantería como obrigatoria durante toda a ESO, sería, precisamente, a de música. De feito, hai países que obteñen moi bos resultados nas enquisas sobre rendemento educativo onde o ensino musical ten importancia central.
Así que, quedades informados: se algunha vez me cae ese ministerio, poreivos a todos a cantar.


Febreiro 9th, 2012 at 3:22 p.m.
Miña sogra que traballa nun centro para persoas maiores di que cando empezan a perder os recordos saben letras de cando eran moz@s de caboa rabo, habería que traballar máis con todo isto, a mente é caprichosa, pero é obvio que ten bo gusto
Febreiro 9th, 2012 at 4:03 p.m.
Exacto. A mente esquece cousas que quizais noutro tempo nos comeron moito a cabeciña. Pero a música, polo que sexa, queda aí…
Febreiro 9th, 2012 at 4:24 p.m.
E non te quererías presentar?
Febreiro 9th, 2012 at 6:03 p.m.
A música é a outra cousa (xunto coa lectura) que non pode faltar no meu día a día. Nunca olvidarei ao meu profesor de música de BUP no Santa Irene, chamábase Patricio, era arxentino e sabía como facer para que escoitáramos todo o que nos poñía en clase con atención e auténtico disfrute. Daquela era historia da música, desde o principio ata a música moderna, que nos puxo de todo, e sempre con palabras e sensacións que contribuiron moito a que fora algo importante para nós. Creo que hoxe tería que cambiar un pouco o plantexamento da asignatura. Síntoo, pero ponme dos nervios cando os meus fillos ensaian na casa coa frauta. Para min é máis importante saber apreciala e coñecela que o que fan en moitos sitios agora coa asignatura. Os coñecementos musicales dos rapaces de hoxe son mínimos e redúcense case aos 40 principais, e como noutras cousas, cando lles poñes algo na clase distinto (música, cine, literatura…) fas que descobran algunhas cousas das que non tiñan nin idea, encántame facer iso de cando en vez.
Febreiro 9th, 2012 at 9:16 p.m.
Celina: nin de coña!!!!
Juan Manuel: fuches afortunado. Cando algo así pasa, que hai un mestre entusiasta que cre na importancia desta materia, os beneficios nótanse durante toda a vida. Non creo que pase igual coas matemáticas…
Febreiro 9th, 2012 at 9:43 p.m.
Para min a música é unha terapia marabillosa e contante, cantante e soante. O meu avó castelán sempre dicía, con toda a razón do mundo, «el que canta sus males espanta».
Febreiro 9th, 2012 at 11:28 p.m.
Eu lembro sempre ese dito. É máis que verdadeiro.