PARA OS TOUROS SI QUE HAI CARTOS

Posted by franciscocastro - 03/02/12 at 03:02 p.m.

Wert, o Ministro de Educación, anunciou que vai destinar máis cartos para os touros. A saber, non para o seu coidado ou para permitirlles pasar máis tempo coas vacas, que iso si que sería interesante para as corridas, senón a iso que os rancios e baballas bárbaros barbarizados chaman a festa nacional (por iso España non pode ser a miña nación, entre outros motivos). En plena época de crise, coa xente pasándoas putas para chegar a fin de mes, este goberno anuncia máis axudas para a súa promoción cultural (tócalle o carallo), socioeconómica (cartos si que deixa si, como a prostitución, o narcotráfico ou o asasinato organizado) e medioambiental (comorl?). Lendo a nova, entérome de que existe unha Comisión Consultiva Nacional de Asuntos Taurinos. Medo me dá o que esa xentiña poida decidir sobre o dos cornos… Sei diso e de cousas moito peores, como que o ano pasado saíron dos cartos de todos nós 600 millóns de euros para financiar os espectáculos taurinos. Non teño que lembrarvos que os museos pechan, que a xente que precisa axudas por motivos de saúde ou dependencia ven como lles recortan, etc, e todo o que poderiamos facer con eses seiscentos millóns de euros.

Isto é unha inmoralidade indesexable. Unha vergonza (toureira).

Non debemos consentir que saia nin un céntimo de euro, neste momento, para esta merda organizada que é morte e é sufrimento.

E disimulade o ton cabreado desta nota.

Pero é que non se me ocurre outro xeito de dicilo.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

5 ResponsesPARA OS TOUROS SI QUE HAI CARTOS to “”

  1. Elisabeth Oliveira says:
    Febreiro 3rd, 2012 at 10:16 p.m.

    E é que non hai outra forma de dicilo! Dá noxo vivir nesta sociedade (e non é cousa de España só, infelizmente, senon eu pensaría en emigraba…)

  2. Elisabeth Oliveira says:
    Febreiro 4th, 2012 at 1:02 a.m.

    en emigrar, perdón

  3. náufrago says:
    Febreiro 4th, 2012 at 10:27 a.m.

    Si. Ás veces entran ganas de emigrar… da propia sociedade. Pero teremos que continuar. E loitando, ademais, para mellorar o mundo.

  4. xouba says:
    Febreiro 6th, 2012 at 1:10 a.m.

    Vanse beneficiar as corridas de touros que se celebran en Pontevedra pola festa da Peregrina e que patrocina o Excelentisimo Ayuntamiento de Pontevedra?

  5. náufrago says:
    Febreiro 6th, 2012 at 8:19 a.m.

    Pois a verdade é que non lle teño nin idea. Espero que non.

Deixa unha resposta