Archive for Xaneiro, 2012

PECHAR ESCOLAS E QUE ESTUDEN OS RICOS

12th Xaneiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en PECHAR ESCOLAS E QUE ESTUDEN OS RICOS

Hoxe a prensa atácame con dúas novas brutais. Por unha banda, leo que Narón vai pechar as súas escolas infantís se a Xunta non asume a súa obriga financeira con elas; por outra que algúns colexios de Valencia (ese lugar tan lindo con esa xente tan traxeada tan guapa) están a piques de pechar polo […]

TEN DESEXOS SEXUAIS ROUCO VARELA?

10th Xaneiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en TEN DESEXOS SEXUAIS ROUCO VARELA?

  Leo, e non me sorprendo nadiña, que o Vaticano ordea retirar un libro a unha súa editorial católica (libro xa publicado, lido previamente polos editores, etc., e que leva un ano e pico nas librerías… tarde piaches) debido a que o seu autor (un cura, pero non católico), entre outras cousas perigosas (defende modelos […]

CANDO TODO COMEZOU (BABY’S IN BLACK)

9th Xaneiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en CANDO TODO COMEZOU (BABY’S IN BLACK)

Onte remati a lectura dunha novela gráfica titulada Baby’s in black. La historia de Astrid Kircherr y Stuart Stucliffe. Como bo beatlemaníaco tiña que lela. Vina aló polo mes de outubro nunha librería de Ourense e pedina para o Nadal. E os Reis acertaron co pedido e ás miñas mans chegou esta historia que fala […]

MARILYN MONROE: NÁUFRAGA

8th Xaneiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en MARILYN MONROE: NÁUFRAGA

Nunca sentín unha especial atracción pola figura de Marilyn Monroe. Quero dicir que, a diferenza doutros compañeiros masculinos, a loura do luar nunca me seduciu especialmente, aínda que debo recoñecer que, a medida que me vou facendo máis vello, gusto máis dela tamén fisicamente. Nembargantes, de Marilyn sempre me interesou o que había máis aló […]

SE EU FOSE INVISIBLE…

6th Xaneiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en SE EU FOSE INVISIBLE…

Eu medrei lendo, coas cuncas dos ollos moi abertas, aquelas historias de superheroes ianquis dos tebeos que comprabamos na de Concha, a leitería (daquela, tamén quiosco, tenda de ultramariños, droguería…) que había detrás da miña casa. Batman, Spiderman, Capitán América, Hulk, etc, encheron días e noites de aventuras épicas imposibles, aínda hoxe, de esquecer. De […]

UN LIBRO É ALGO MÁIS QUE INDUSTRIA

3rd Xaneiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en UN LIBRO É ALGO MÁIS QUE INDUSTRIA

Lemos na prensa de hoxe que o goberno do PP suprimiu a Dirección General del Libro, Archivos y Bibliotecas para integralo, sen máis, en Industrias Culturales. E non sei se é unha boa nova. Que o libro é industria cultural é unha obviedade. Somos moitos os que vivimos arredor e do libro: as editoriais, os […]

‘CHAMÁDEME SIMBAD’ SAIRÁ EN BRASILEIRO

2nd Xaneiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en ‘CHAMÁDEME SIMBAD’ SAIRÁ EN BRASILEIRO

O ano non pode comezar mellor. Despois da edición, hai uns meses, do meu Chamádeme Simbad en castelán e catalán, recibo a nova de que axiña ha sair no Brasil. Podedes facervos unha idea do contento que estou diante de tal acontecemento. Porque, como digo sempre, eu escribo na lingua do meu país, pero con […]

TAL DÍA COMA HOXE HAI 50 ANOS (A importancia de non tirar a toalla)

1st Xaneiro 2012 by franciscocastro Comentarios desactivados en TAL DÍA COMA HOXE HAI 50 ANOS (A importancia de non tirar a toalla)

  Tal día coma hoxe, o 1 de xaneiro de 1962, uns descoñecidos Beatles entraban nos estudos da DECCA, en Londres, para facer unha proba. A música que vos deixo aí é esa gravación. Ás poucas semanas recibiron unha carta na que os rexeitaban e, aínda máis, dicíanlles (iso si que é ser visionarios), que […]