APROVEITANDO A CRISE, IMOS DESMANTELAR O ESTADO DE BENESTAR

Posted by franciscocastro - 22/01/12 at 11:01 a.m.

Hai moitos anos que todo se entende dende parámetros económicos. E non, dende logo, no senso marxista do asunto, senón no senso máis liberal da cousa. Todo se xustifica dende o beneficio, os réditos, os valores da Bolsa. Non importan as cualidades. Importan as cantidades. E a realidade toda organízase dende aí. E remata gobernando, por enriba de calquera, o Fondo Monetario Internacional, é dicir, os ricos de toda a vida, os escravistas, os xenocidas.Quizais por iso, nos oitenta, había quen mantiña que non había diferenza entre dirixir unha empresa e dirixir un país. De feito hai quen goberna así. Pero hai diferenzas. Moitas. Como empresario só teño a obriga de gañar cartos dentro dos límites que marca a lei. Como político teño a obriga de tentar mellorar o mundo. Así como soa. E iso implica mellorar as condicións de vida dos que me confían o seu voto, loitar contra da inxustiza, etc.

Ese predominio absoluto da economía, ese ter que valoralo todo dende parámetros monetarios (algo que, a forza de costume, xa entendemos como o natural, cando natural non hai nada), fai que a día de hoxe os que nos gobernan sintan como unha prioridade -de feito, como a única prioridade, caia quen caia- cadrar as contas fronte a algo que sería moito máis importante: que ese cadrar as contas non implicase a caída do estado de benestar. E así, co argumento da crise, traballarán para facernos entender como inevitable a creba da seguridade social (e todos a pagar), do ensino público (e todos a pagar) ou das pensións (e todos a pagar). Dirannos que non hai cartos. Que as cousas agora teñen que ser así. Que non hai máis remedio. Que non hai outra.

E non. Non teñen or pque ser así.

Xógome a melena a que podemos quitarlle a algunha que outra industria (a militar, por exemplo), a algunha que outra ideoloxía reaccionaria (a igrexa, por exemplo), a algunha que outra institución (a monarquía, por exemplo), as partidas que lles destinamos. E sacar cartiños, que por certo son nosos, para as cousas que realmente importan. Quero dicir: que non hai por que sacarlle todo ao que temos seguro para a nosa seguridade. E por se non se me segue: que non hai por que recurtar SÓ da educación, a cultura, a sanidade.

Porque parece, miren como me erguín esta mañá, que están aproveitando a crise para desmantelar o estado de benestar.

Chuzame! A Facebook A Twitter

9 ResponsesAPROVEITANDO A CRISE, IMOS DESMANTELAR O ESTADO DE BENESTAR to “”

  1. Nes says:
    Xaneiro 22nd, 2012 at 1:22 p.m.

    Me subscribo 100 %. Y no olvidemos la investigación. Los recortes están siendo brutales! Es de verguenza lo que se está viviendo en los centros públicos. Cada vez hay menos ayudas, y de menor cuantía. Hay gente superpreparada que está siendo despreciada. Jovenes investigadores que están acabando sus tesis trabajando a media jornada en el laboratorio y completando su jornada, por ejemplo, limpiando casas, y sin que las limpiadoras (benditas ellas) se sientan ofendidas, pero parece que esta crisis y el miedo que acecha sólo nos deja como salida el encogernos de hombros, y no debería ser así…

  2. náufrago says:
    Xaneiro 22nd, 2012 at 2:52 p.m.

    En efecto, o da investigación é todo un síntoma de como se valora hoxe en día. E xogámonos moito nesta historia.Pero xa se sabe, como non dá rendas políticas, pasan de todo. Moito ánimo, amigo. E a pesar de todo, sabemos, sabemos,que sairemos adiante. Un saúdo grande.

  3. Maeloc says:
    Xaneiro 22nd, 2012 at 9:20 p.m.

    Esta clarísimo que os grandes capitalistas-poderosos e os seus servintes están a aproveitar a crise para escravizarnos os demais. Nunca se venderon tantos coches de gama alta e a «aforrativa» Xunta do señor Feijó ten unha chea de «embaixadas» e chiringuitos fóra de Galicia, para atender, disque, «os nosos emigrantes», cando en realidade é para embaucalos e lles sacar o voto.

  4. náufrago says:
    Xaneiro 22nd, 2012 at 10:50 p.m.

    Clarisimamente. Ao final vai resultar que a verdadeira «burbulla» fictica é isto da crise…

  5. Prometeo says:
    Xaneiro 23rd, 2012 at 5:12 p.m.

    Dende un tempo a esta parte teño a impresión de que os cidadáns de a pé somos os «coelliños» dun grande laboratorio neoliberal. Algo parecido ó que pasou en Sudamérica nos 80 (Naomi Klein xa o explicou mellor ca min) Penso que están apretando para ver ata onde poden espremernos.

    Por certo, náufrago, un placer lerte. Hai moitos anos fun alumno teu nun colexio algo alonxado das túas (nosas) ideas.

    Saúdos.

  6. náufrago says:
    Xaneiro 23rd, 2012 at 8:33 p.m.

    Ola Prometeo, xenial que nos atopemos aquí… grazas polo que me dis.
    Sobre o que opinas, pois si, eu estou convencido de que é así, e que este neoliberalismo neocón neocarallán está aproveitando a coxuntura para, como ben dis, espremernos ata a médula.

  7. Rosabel says:
    Xaneiro 24th, 2012 at 12:40 p.m.

    Pienso a veces que a la clase alta le molestaba que la clase media-baja ya tuviese acceso a las mismas cosas que ellos: educación universitaria, vacaciones, viajes, buenos coches… y no les gustaba encontrarse (encontrarnos) con tanto “paria” en restaurantes, playas y espectáculos, propios de gente de otra “categoría”.
    Esta crisis volverá a poner a cada uno en su sitio, los ricos más ricos y el resto… mirando lo bien que ellos viven! Esta crisis tiene su principio en los bancos que son los que tienen nuestro dinero y los que de verdad dirigen a los que nos gobiernan. Esta crisis… qué bien le viene a algunos!

  8. náufrago says:
    Xaneiro 24th, 2012 at 11:21 p.m.

    Por suposto, para moitas persoas isto é unha beizón!

  9. buy domain in india says:
    Xaneiro 31st, 2012 at 1:04 p.m.

    I wonder how you got so wonderful. This is really a fascinating blog site, lots of stuff that I can get into. One thing I just want to say is that your Blogging site is so perfect!

Deixa unha resposta