‘CHAMÁDEME SIMBAD’ SAIRÁ EN BRASILEIRO

Posted by franciscocastro - 02/01/12 at 04:01 p.m.

O ano non pode comezar mellor.

Despois da edición, hai uns meses, do meu Chamádeme Simbad en castelán e catalán, recibo a nova de que axiña ha sair no Brasil.

Podedes facervos unha idea do contento que estou diante de tal acontecemento. Porque, como digo sempre, eu escribo na lingua do meu país, pero con vocación de que me lean, de ser posible, en todo o mundo. Por iso cada nova tradución é unha ledicia que axuda a coller folgos, a seguir madrugando e a continuar, dende a máis grande da humildade, escribindo como se sempre fose a vez primeira.

E como estou moi contento, pois volo tiña que contar.

Os comentarios están pechados.