Archive for Decembro, 2011

LIBROS: CON POUCAS PALABRAS ABRIR MOITOS MUNDOS

10th Decembro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en LIBROS: CON POUCAS PALABRAS ABRIR MOITOS MUNDOS

Este luns terei o privilexio de visitar o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, onde tan bos momentos pasei o ano pasado falando dun dos meus libros (que os internos e internas tan xenerosamente levaron ao teatro), neste caso para unha conferencia que titulei Libros: con poucas palabras abrir moitos mundos. No básico, o que […]

O PROBLEMA DE EUROPA NON É A CRISE: É O RACISMO

9th Decembro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en O PROBLEMA DE EUROPA NON É A CRISE: É O RACISMO

Hoxe espertei lendo unha terrible reportaxe arredor dos grupos xenófobos e racistas  (ía dicir novos grupos xenófobos e racistas, pero levan toda a vida aí, reaparecendo de cando en vez, collendo aire -fétido- entre outras cousas porque nunca se foron, porque sempre están agochados, esperando a súa oportunidade para deitar o seu canto de morte e destrución), […]

LENNON, 31 ANOS DESPOIS

8th Decembro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en LENNON, 31 ANOS DESPOIS

http://youtu.be/FSBYfc46rhk Hoxe hai trinta e un anos do asasinato de Lennon. Lembro ben o día e coido que xa o contei outras veces, cando me entrou Fito pola porta para darme a nova e a tristura que me embargou. Non debía de ser esa pena típica dun adolescente de catorce anos ao que lle mataron […]

EU, REPUBLICANO, QUERO DICIR ALGO SOBRE A MONARQUÍA

7th Decembro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en EU, REPUBLICANO, QUERO DICIR ALGO SOBRE A MONARQUÍA

Por exemplo, que a monarquía é infantilizante, pois parte da base de que non podemos escoller a quen queremos como máis alto dignatario do estado. Susténtase na crenza de que a historia, que lle “encargou” a tal familia a dirección dos pobres inmaduros incultos populacho apirolado que non sabe gobernarse por si mesmo, que esa […]

EU QUERO SER UN PALLASO

6th Decembro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en EU QUERO SER UN PALLASO

Tiven que ocupar o luns, xa que estaba de ponte, en asuntos de bancos, xa sabedes, nesas ONGs ás que tanto preocupamos e que non dormen pensando nas nosas angueiras e na crise. O asunto era que tiña que actualizar unha serie de datos para poder realizar determinados trámites. Todo ía moi ben ata que […]

NON ME CHAMEN MÁIS!!!

1st Decembro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en NON ME CHAMEN MÁIS!!!

Onte viña eu pola autoestrada absolutamente canso, a altas horas despois dunha xornada bonita pero esgotadora. E sóame o móbil. Contesto (mans libres, ollo) e sáeme un señor que me di, cun acento rarísimo: – Buenas noches -daquela o tipo era consciente da hora que era- ¿es usted mayor de edad? Inmediatamente pensei que ía […]