Archive for Outubro, 2011

PROSTITUCIÓN (¿E SE DEIXAMOS DE MERCAR TODOS OS XORNAIS?)

4th Outubro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en PROSTITUCIÓN (¿E SE DEIXAMOS DE MERCAR TODOS OS XORNAIS?)

Hai moito tempo que entendín que para acabar coa explotación sexual das mulleres sobre quen hai que actuar é sobre os verdadeiros prostituidores, é dicir, sobre os homes que consumen este tipo de “servizos” e que, xa que logo, axudan a perpetuar a escravitude sexual de milleiros de mulleres e nenas no mundo. Ao longo […]

É DOMINGO POLA MAÑÁ

2nd Outubro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en É DOMINGO POLA MAÑÁ

Escribo estas liñas este domingo pola mañá moi cedo. Aínda non saiu o sol, pero a pequecha, que ten o horario escolar metido na alma, decide que xa empezou o día, que hai que comezar a encher a vida de cousas. E aló imos. Vigo, que foi balbordo de sábado á noite, dorme coas legañas […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Play-Back’

1st Outubro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Play-Back’

No ano 1997 eu decidira non volver escribir máis. Xa perdera a conta das editoriais que me rexeitaran unha boa chea de orixinais. Por outra banda, nos concursos literarios non tiña sorte ningunha. Tiña a sensación de que tanto esforzo (horas e horas todos os días durante anos), non ía levarme a ningures. Xa como […]