RECITANDO A LOIS PEREIRO

Posted by franciscocastro - 02/09/11 at 03:09 p.m.

O artista Alberto Granada abriu onte a exposición titulada Lois Pereiro no Pazo de Tor. Alí estará, nas terras de Lugo este seu traballo que conxuga moitos formatos, entre outros, videos e recitados de poemas de Lois Pereiro en diálogo coas súas Pinturas de Amor e Enfermidade, de claras referencias loístas.

Para este traballo cometeu a imprudencia de pedirme que prestase a miña voz. Eu, encantado. A miña devoción por Pereiro xa quedou dabondo clara en varias ocasións. Así que me sinto máis que afortunado de poder participar canda outras voces senlleiras como as de a actriz Uxía Blanco, a música Cristina Pato, a radiofónica Raquel Sánchez ou a cantante, tan admirada, Uxía Senlle, entre outros e outras.

Visitade a instalación. Ides gozar moito.

Os comentarios están pechados.