Archive for Agosto, 2011

DE POLÍTICA E CELEBRACIÓNS RELIXIOSAS

16th Agosto 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DE POLÍTICA E CELEBRACIÓNS RELIXIOSAS

Hoxe, a edición de Vigo de La Voz de Galicia tírase dos pelos escandalizada porque foi a procesión da “patroa de Vigo” (e que pasa cos que non somos crentes?, non temos patroa?, podemos facer procesións laicas?, non somos de Vigo?) e non foi ninguén da Corporación Municipal. Só un do PP mira ti. Eu […]

AS FESTAS MOI GALEGAS Y OLÉ

15th Agosto 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en AS FESTAS MOI GALEGAS Y OLÉ

Anda todo o mundo cabreado coas declaracións da concelleira de cultura da Coruña advertindo de que as festas do ano anterior eran “muy gallegas”. Eu non vou entrar moito a valorar as declaracións. Adoito non falar de imbecilidades. O que si quero suliñar é que en calquera caso as programacións culturais dos concellos adoitan ser […]

EPI E BLAS SON GAIS

14th Agosto 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en EPI E BLAS SON GAIS

A proba de que vivimos no disparate é que, diante dunha campaña en facebook para que Epi e Blas saian do armario, posto que segundo os promotores da iniciativa, son gais, a produtora de Barrio Sésamo lanzou unha nota de prensa dicindo que non o son, que só son bonecos e que os bonecos non […]

DEIXÁDEME SER IMPÚDICO

12th Agosto 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DEIXÁDEME SER IMPÚDICO

Estiven estes días en Londres, xusto durante as revoltas que todos sabedes. Primeiro de todo debo dicir que eu non tiven nada que ver. E segundo, que polos lugares polos que eu me movín, a cousa non se sentiu máis que nos xornais, que lin a diario con abraio e preocupación. Dito isto, quero contar […]

SOBRE O PECHE DO XORNAL

3rd Agosto 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en SOBRE O PECHE DO XORNAL

Onte estaba eu radiante e feliz despois da presentación da miña novela na Coruña. Asinar libros, bicos por aquí, mans que se apertan por alá. Canta felicidade. Ata que unha  boa amiga se me achegou para comentarme que o xoves xa non sairía en papel Xornal de Galicia. Fiquei apampado e comenteille que non, que […]