Archive for Xullo, 2011

O PP, O FRANQUISMO E A CENSURA

13th Xullo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en O PP, O FRANQUISMO E A CENSURA

O Congreso dos Deputados, en Madrid, aprobou unha proposta de Esquerda Unida que condiciona, no futuro, as subvencións á Real Academia de Historia, se cambian as barbaridades do Dicionario. Semella unha proposta lóxica, de puro senso común. Non é ningunha xenialidade. É de tal obviedade que non hai nada que dicir. Non debería ser motivo […]

EU SON IDIOTA

12th Xullo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en EU SON IDIOTA

Definín In Vino Veritas como unha novela furiosa. Por moitos motivos pero, sobre todo, polo que está pasando coa televisión, que tanto ben podería facer por  nós e que, sen embargo, colabora na idiocia colectiva. Aínda que probablemente o idiota son eu. Porque veño de saber que Belén Esteban cobra 1.200.000 euros ao ano. A […]

A IGREXA PERMITIU QUE ROUBARAN O CÓDICE

11th Xullo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en A IGREXA PERMITIU QUE ROUBARAN O CÓDICE

A Igrexa permitiu que roubaran o Códice. Non é que o roubasen uns cacos (ou cacas), que si. É que a Igrexa, que está obrigada por lei ao seu coidado (e que recibiu 444.000 euros nos últimos dous anos para Patrimonio), como non fixo nada por mellorar a seguridade, daquela podemos dicir que o perderon […]

AS MIÑAS MANÍAS DE ESCRITOR

10th Xullo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en AS MIÑAS MANÍAS DE ESCRITOR

Gracia Santorum, activista entusiasta da nosa cultura, está a elaborar un traballo arredor das manías dos escritores galegos á hora de desenvolver o seu traballo. Eu fixen un rápido listado, así sen pensar moito, comentando algunhas das que son consciente. Non son moitas. Pero son as miñas. Velaquí a miña resposta: Direi que escribo descalzo. […]

O sector editorial na Literatura 2.0

9th Xullo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en O sector editorial na Literatura 2.0

Baixo ese título publiquei onte un artigo en El Correo Gallego, convidado por Arantxa Serantes, e que vai de seguido. A miña nena ten tres anos e, xa que logo, non sabe ler. Pero colle o iPad e é quen de procurar unha aplicación de Contos Interactivos e escoller un. Todo a toque dun dedo. […]

OS CATIV@S NON SABEN QUE O GALEGO É A LINGUA DE GALICIA

7th Xullo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS CATIV@S NON SABEN QUE O GALEGO É A LINGUA DE GALICIA

Xa teño contado moitísimas veces as aventuras, por dicilo en bonito, polas que teño pasado por ser galegofalante nunha cidade como Vigo, en especial, por onde eu vivo, no centro máis urbano e “profesional”, en especial, coa xente que non acaba de entender moi ben que ao meu fillo e á miña filla lles fale […]

AQUELES ANOS DE CAFÉ E LITERATURA

4th Xullo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en AQUELES ANOS DE CAFÉ E LITERATURA

Onte o Xornal de Galicia lembraba os trinta anos do Café de Catro a Catro, de Vigo, un lugar que frecuentei moito no pasado, cando os anos aqueles da movida viguesa e os seguintes, cando a vida se facía alí, ou no mítico Uf, que aínda existe, ou no Dublín, ou o Rosalinda e moitos […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Escoita o primeiro capítulo de ‘In Vino Veritas’

2nd Xullo 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Escoita o primeiro capítulo de ‘In Vino Veritas’

A miña nova novela, In Vino Veritas (Ed. Galaxia), que presentarei este martes ás 20,30 na Feira do Libro de Vigo, xa está nas librerías. Déixovos o primeiro capítulo da novela, na miña voz, aquí.