PRESENTACIÓN DE IN VINO VERITAS NA CORUÑA

Posted by franciscocastro - 29/07/11 at 03:07 p.m.

Despois das presentacións de Vigo e do Festigal, o vindeiro martes, ás 19 horas, andaremos pola Feira do Libro da Coruña presentando IN VINO VERITAS. No acto participarán, ademais do escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, a escritora e investigadora Mercedes Queixas Zas.

Será un pracer grande para min poder saudarvos e partillar uns intres de boa conversa con todas e con todos.

Os comentarios están pechados.