UN PROGRAMA APTO PARA IMBÉCILES

Posted by franciscocastro - 18/07/11 at 02:07 p.m.

A Asociación de Usuarios da Comunicación (haiche asociacións para case que todo) escribíronlle a Telecinco, esa fonte de sabedoría, para que elimine Sálvame da franxa de horario de tarde porque é un tempo televisivo considerado de protección dos menores diante de certos contidos e que, xa que logo, debe ser emitido a partir das dez da noite e ser cualificado como para adultos.

A ver, a cousa provócame tres reflexións importantes. A saber:

1.- O que hai que pedirlle a Telecinco non é que cambie de horario o programa, senón que o elimine. Ese e practicamente toda a súa programación.

2.- Que está moi ben que se protexa aos menores, pero, carallo, quen vai protexer aos adultos desta quincallada a esas horas?

3.- Trabúcanse os da Asociación dicindo que hai que cualificar o programa como para adultos. O que hai é que cualificalo como para imbéciles e, daquela, buscarlle acubillo no único lugar posible: fóra da programación.

Os comentarios están pechados.