EU SON IDIOTA

Posted by franciscocastro - 12/07/11 at 02:07 p.m.

Definín In Vino Veritas como unha novela furiosa. Por moitos motivos pero, sobre todo, polo que está pasando coa televisión, que tanto ben podería facer por  nós e que, sen embargo, colabora na idiocia colectiva.

Aínda que probablemente o idiota son eu.

Porque veño de saber que Belén Esteban cobra 1.200.000 euros ao ano. A saber: polo seu traballo en Telecinco, aredor de 800.000 euros, polas súas entrevistas e exclusivas na revista Lecturas, uns 100.000 euros e polas súas campañas publicitarias, uns 300.000 euros.

Botei contas para saber cantos libros tería que vender para gañar un terzo do que ela nun ano. E son tantos centos de miles que me dá vergonza escribilo aquí.

Daquela, dúas conclusións:

1. son idiota (por ser escritor, érame mellor ser famoso e vivir da entreperna).

2. sego furioso (así que igual fixen ben escribindo esa novela).

Os comentarios están pechados.