A IGREXA PERMITIU QUE ROUBARAN O CÓDICE

Posted by franciscocastro - 11/07/11 at 02:07 p.m.

A Igrexa permitiu que roubaran o Códice. Non é que o roubasen uns cacos (ou cacas), que si. É que a Igrexa, que está obrigada por lei ao seu coidado (e que recibiu 444.000 euros nos últimos dous anos para Patrimonio), como non fixo nada por mellorar a seguridade, daquela podemos dicir que o perderon a mantenta, que lles facilitaron as cousas, que llo puxeron doado. E igual soa duro, pero é así: a Igrexa permitiu que roubaran o Códice. Se tiñan que telo mellor custodiado, e non puxeron as bases para que fose imposible roubalo, daquela, son culpables.

É como aquel que conduce borracho. Non quería provocar ese accidente no que morreu xente. Pero entendemos que debe ser castigado.

Sen embargo, e non sei por que, témome que ninguén vai pedir responsabilidades, que van seguir recibindo cartos para atesourar uns tesouros (nunca mellor dito) que sendo de todos case que gozan eles en exclusiva.

Se isto chega a pasar cando o bipartito gobernaba… miña  nai a que ía montarse.

Os comentarios están pechados.