AS MIÑAS MANÍAS DE ESCRITOR

Posted by franciscocastro - 10/07/11 at 12:07 p.m.

Gracia Santorum, activista entusiasta da nosa cultura, está a elaborar un traballo arredor das manías dos escritores galegos á hora de desenvolver o seu traballo.

Eu fixen un rápido listado, así sen pensar moito, comentando algunhas das que son consciente. Non son moitas. Pero son as miñas.

Velaquí a miña resposta:

Direi que escribo descalzo. Sempre. Nunca lle deixo ler nada, absolutamente nada, a ninguén ata que o libro sae do prelo. Só o le, claro, o editor.Escribo todos os días. Os 365 días do ano, 366 se é bisesto. Escribo verborreicamente. Despois corrixo, a bolígrafo. Ten que ser tres veces a corrección, ou sexa, de cada novela hai tres versións sempre. Quedo, claro, coa última. Destrúo sempre as outras versións, incluso electronicamente. A miña mellor hora para escribir é as cinco da mañá. Case que todos os libros van precedidos dunha cita dos Beatles. Ordeno os libros alfabeticamente. Durante anos enchín diarios literarios. Tireinos o outro día, hai un par de semanas, ao colector de reciclaxe da rúa. Tomo notas nun caderno branco no parque, mentres xoga a pequena. Isto é o que se me ocorre así, correndo.

Os comentarios están pechados.