Archive for Xuño, 2011

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O ceo dos afogados’

18th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O ceo dos afogados’

Hoxe déixovos, na miña voz, un fragmento da novela que no ano 2007 foi finalista do Premio Caixa Galicia de Narrativa Xuvenil. Aínda que non gañou, no 2009 recibiu o premio dos escolares galegos que lle outorgaron o Frei Martín Sarmiento. Probablemente é, de todas as miñas obras infanto-xuvenís, a máis traballada tecnicamente, a máis […]

Merecemos outros medios

16th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en Merecemos outros medios

Hoxe, como cada mañá, dei unha volta pola prensa galega toda. Poden crerme. Leo unha morea de xornais. De feito, amo os xornais. Escribín nun durante 13 anos seguidos. Cando marchei para dedicarme a outras cousas xa non me volveron chamar. Igual é porque os medios tradicionais, como no meu último post refería falando da […]

UNHA SOCIEDADE DE PARVOS?

13th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en UNHA SOCIEDADE DE PARVOS?

Teño para min que se pode saber o nivel dunha sociedade investigando que é o que len os seus nenos e nenas. E se iso é certo e botamos un ollo para atrás, e nos preguntamos que era o que liamos antes, ou que era o que antes se consideraba lectura infantil e o que […]

ISTO SI QUE É PARA INDIGNARSE

12th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en ISTO SI QUE É PARA INDIGNARSE

O outro día convidáronme os indignados de Vigo a lles falar. Querían coñecer a miña visión do seu movemento… Se cadra, outro día cóntovos como me foi, que hoxe non teño ganas. Porque hoxe, Día Internacional contra o Traballo Infantil, eu si que estou indignado. E non pola crise que vivimos no primeiro mundo onde […]

OS QUE FALAMOS EN GALEGO LIGAMOS MÁIS

6th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS QUE FALAMOS EN GALEGO LIGAMOS MÁIS

Onte expliqueivos que os que lemos libros somos máis guapos e guapas. Hoxe quero deixar claro que os que falamos en galego ligamos moitísimo máis que os que falan en castelán. Direivos por que. Un día da semana pasada estaba eu, como tantos seráns deliciosos, coa miña cativa nun parque vigués. Por alí cun libro, […]

OS QUE LEMOS LIBROS SOMOS MÁIS GUAPOS E GUAPAS

5th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en OS QUE LEMOS LIBROS SOMOS MÁIS GUAPOS E GUAPAS

A miña amiga, e vicepresidenta segunda de Gálix, Mercedes Cerdeiras Uría, agasalloume hai pouco cunha publicación editada polo Concello da Coruña (e o novo goberno do PP financiará cousas así???) na que se reúnen unha serie de ditos sobre os libros e a lectura da autoría de xente máis ou menos célebre do mundo da […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Nosoutros’

4th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Nosoutros’

Hai uns anos, e para un programa da TVG, gravei este poema. Igual que o outro día, eu era un pai recente. E neste caso o  meu pequeno foi a inspiración. Aquí volo deixo na miña voz. E tamén o texto Nosoutros Eu son ti Tiesmín somos nosoutros Sherezade Martín Códax Tiesmín Cíes San Simón […]

XA EN CASTELÁN E CATALÁN ‘CHAMÁDEME SIMBAD’

3rd Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en XA EN CASTELÁN E CATALÁN ‘CHAMÁDEME SIMBAD’

Estes días está a chegar ás librerías de todo o estado a tradución ao castelán de Chamádeme Simbad. Tamén sae en catalán. Os títulos, Me llamaba Simbad e Em deia Simbad, respectivamente. Saen da man de Tàndem Edicions, e do coidado desa editora referencial para os que nos dedicamos a isto, e grande escritora tamén, […]

LEONARD COHEN

2nd Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en LEONARD COHEN

http://youtu.be/_Af4p3OUX1I Poucas veces un Premio Príncipe de Asturias (escribe aquí un republicano) me pareceu máis xusto que o deste ano a Leonard Cohen. Da miña devoción por el xa falei unha manchea de veces. Como unha manchea de veces sinalei que algunhas das mellores páxinas literarias do século pasado (vaian preparándose os puristas para me […]