DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O ceo dos afogados’

Posted by franciscocastro - 18/06/11 at 12:06 p.m.

Hoxe déixovos, na miña voz, un fragmento da novela que no ano 2007 foi finalista do Premio Caixa Galicia de Narrativa Xuvenil. Aínda que non gañou, no 2009 recibiu o premio dos escolares galegos que lle outorgaron o Frei Martín Sarmiento.

Probablemente é, de todas as miñas obras infanto-xuvenís, a máis traballada tecnicamente, a máis elaborada.

O fragmento que vos deixo, conta o espanto dun mergullador ao descobrir que unha masa negra xigantesca lle pasa por debaixo a unha velocidade incrible. Para saber o que é, xa sabedes, hai que ler a novela 🙂

Escoitade aquí.

Os comentarios están pechados.