OS QUE LEMOS LIBROS SOMOS MÁIS GUAPOS E GUAPAS

Posted by franciscocastro - 05/06/11 at 03:06 p.m.

A miña amiga, e vicepresidenta segunda de Gálix, Mercedes Cerdeiras Uría, agasalloume hai pouco cunha publicación editada polo Concello da Coruña (e o novo goberno do PP financiará cousas así???) na que se reúnen unha serie de ditos sobre os libros e a lectura da autoría de xente máis ou menos célebre do mundo da literatura mundial. Para a miña sorpresa, aparezo eu alí dicindo:

Manteño viva a ilusión por seguir lendo libros. Daquela, sigo sendo un neno. Leo. E non envellezo. Embelézome

O certo é que non lembro onde dixen ou escribín tal cousa. Busquei na rede e non me atopei. Pero, en calquera caso, paréceme unha cita defendible e na que creo con paixón.

Si, ler fainos máis fermosos. A influenza positiva da lectura nos cativos e cativas, ou na xente maior, non é discutible.

E creo tanto nisto que, de feito, despois de tantos libros como xa levo lidos, podo anunciarvos que hoxe espertei e aparecín como me mostro na foto esta.

Os comentarios están pechados.