DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘Nosoutros’

Posted by franciscocastro - 04/06/11 at 12:06 p.m.

Hai uns anos, e para un programa da TVG, gravei este poema. Igual que o outro día, eu era un pai recente. E neste caso o  meu pequeno foi a inspiración.

Aquí volo deixo na miña voz. E tamén o texto

Nosoutros

Eu son ti Tiesmín somos nosoutros
Sherezade Martín Códax Tiesmín
Cíes San Simón Tiesmín
Eu son ti Tiesmín somos nosoutros
Eu cons ti ría Tiesmín
Ti medusa eu maré Tiesmín
Ti cova aberta eu quenlla brava Tiesmín
Eu son ti Tiesmín somos nosoutros.
E do fondo da cova sobre a quenlla, o fillo
Elénós

Os comentarios están pechados.