XA EN CASTELÁN E CATALÁN ‘CHAMÁDEME SIMBAD’

Posted by franciscocastro - 03/06/11 at 02:06 p.m.

Estes días está a chegar ás librerías de todo o estado a tradución ao castelán de Chamádeme Simbad. Tamén sae en catalán. Os títulos, Me llamaba Simbad e Em deia Simbad, respectivamente. Saen da man de Tàndem Edicions, e do coidado desa editora referencial para os que nos dedicamos a isto, e grande escritora tamén, Rosa Serrano.
Para estas traducións tiven a sorte de que o ilustrador escollido pola editorial fose o tamén galego, mestre entre os mestres, Xan López Domínguez.
Daquela, declaro que non pode haber escritor máis feliz.

Os comentarios están pechados.