Archive for Xuño, 2011

VAN ODIARME POR ESCRIBIR ISTO

29th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en VAN ODIARME POR ESCRIBIR ISTO

Van odiarme por escribir isto, pero a culpa última do peche do Galicia Hoxe, e de A Nosa Terra, e de Vieiros, e do que poida chegar a ser que remate pechando para que siga o esnaquizamento colectivo, é én boa parte nosa, da sociedade civil, da xente que non le xornais en galego, que […]

PRESENTACIÓN DE ‘IN VINO VERITAS’ EN VIGO

28th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en PRESENTACIÓN DE ‘IN VINO VERITAS’ EN VIGO

O vindeiro martes presentarei a miña nova novela, para adultos/as, In Vino Veritas e que publica Galaxia. Será ás 20.30, na Feira do Libro de Vigo e estades todos e todas convidados. Terei a sorte de ser acompañado polo director xeral da editorial, o escritor Víctor F. Freixanes, e por un dos músicos que máis […]

ARDE GALICIA CON LUME FORESTAL

27th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en ARDE GALICIA CON LUME FORESTAL

Así cantaban Os Resentidos, e a copla seguía con “e con lume ou sen lume ti tamén podes arder”. E en efecto, Galicia volve arder un verán máis. E isto demostra o pouco que queremos ao país, non polo feito de que haxa pirados pirómanos apirolados que lle prendan lume ao monte. Tolos houbo sempre. […]

AQUEL HOME DA GABARDINA

26th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en AQUEL HOME DA GABARDINA

http://youtu.be/HQvXkKU0z-c Nuns días presentarei a miña novela nova, para adultos e adultas, que é, entre outras moitas cousas que tentarei explicar nas vindeiras xornadas, unha parodia das novelas policiais. Porque nunca gustei moito nin do xénero nin, sobre todo, dos detectives e inspectores e comisarios, etc., que poboan as súas páxinas. Quizais pola rixidez do […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O segredo de Marco Polo’

25th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: ‘O segredo de Marco Polo’

Hai case que un ano saía ás librerías O segredo de Marco Polo. Dende aquela xa coñeceu dúas edicións e navega feliz por moitas partes. Hoxe déixovos aquí un fragmento na miña voz. Correspóndese co comezo, cando o soldado-namorado lava as súas roupas de madrugada fóra do cuartel, co medo a ser descuberto o cal […]

NECESITAMOS A ERNESTO SÁBATO!

24th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en NECESITAMOS A ERNESTO SÁBATO!

Hoxe Ernesto Sábato cumpriría cen anos. Como sabedes, morreu hai moi pouco, no mes de Abril pasado. Na historia queda por libros como El Túnel. Nada que discutirlle á súa gloria literaria. Mais eu sempre o terei na miña mamoria asociado ao Informe que leva o seu nome e que permitiu abrir o proceso de […]

PARA ESTA NOITE DE SAN XOÁN

23rd Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en PARA ESTA NOITE DE SAN XOÁN

Para esta noite de San Xoán pido que se queimen todas as angurias da humanidade xuntas. Síntome tan xeneroso e ando tan contento que non teño intención de queimar nada persoal esta noite porque nada me sobra e porque xa me quitei hai tempo algúns lastres pesados. Sei que o lume sempre é purificador. Pero […]

POBRES BURUAGA E PEDROJOTA

22nd Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en POBRES BURUAGA E PEDROJOTA

Leo que Veo 7, unha canle dixital dirixida por Ernesto Sáenz de Buruaga (soldo seu: 600.000 euros anuais), está en quiebra técnica e a piques de botar o peche. Falamos da emisora de TV onde Pedrojota está todo o rato facendo política e dando clases de Ética. Eu sonlles de crer na xustiza poética. E […]

A moral de Carlos Negreira

20th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en A moral de Carlos Negreira

Avisámolo hai días. Que non pode ser que un político leve no programa electoral que vai incumprir a lei. Dixémolo e reflexionamos sobre iso e sobre que o máis grave era que saíse elixido, e con maioría absoluta, alguén que avisa que non vai respectar a lei e a orde establecidas. Coherente co seu programa […]

Persoas de orde

19th Xuño 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en Persoas de orde

Así titulei o meu artigo en A Nosa Terra. Podédelo ler aquí.