XA NON PODO PEDIR MÁIS
Posted by franciscocastro - 01/05/11 at 11:05 p.m.[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/4RrXOIIuZxU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Este video que vos deixo aquí é a demostración de que non podo perdir máis. Cóntovos.
Escribín, como moita xente sabe, Chamádeme Simbad, cando alguén que amo moito (aínda que ela xa non o sabe) comezaba coa enfermidade. En troques dun dramón -porque o alzhéimer é un dramón- saiume unha novela así, seica, cun punto de tenrura, cun algo de poesía, cun moito de retranca. E, seica tamén e segundo me contan, cunha certa condición literaria que fixo que, dende o primeiro instante, fose moi ben acollida. Xa só por iso non podo pedir máis.
Porque un escribe na soidade do seu estudio, ás escuras, sen saber moi ben se o que fai vai chegar a alguén. E metín meses de traballo nesta historia que xa anda polos 7.500 exemplares en galego, e que xa recolleu máis dun par de recoñecementos dos lectores e lectoras da idade para quen escríbin (a que o meu fillo máis grande tiña cando comecei a construila). Por iso non podo pedir máis. Porque todo son alegrías con este libro no que quixen transmitir unha mensaxe e falar dun problema aos pequenos e pequenas, para que, cando menos, fosen conscientes da súa existencia.
E non podo pedir máis porque todas as semanas visito un par de centros de ensino onde len este libro e saio cheo de vida, de ánimo e coa alegría polas nubes.
E en todas partes un mural cos personaxes, unhas figuras en cartón, unha pequena obra de teatro. Paulo, Simbad, o Tío Bernardino, o avó, papá e mamá… os personaxes todos da novela viven para moitísima xente xa. Iso xa está aí. Iso xa é alleo a min. Teñen vida para eles e para elas fóra de min.
Por iso non podo pedir máis.
O mes que vén esta novela sairá noutras dúas linguas diferentes, para tentar chegar aos lectores e lectoras de fóra de Galicia.
Como pedir máis.
E hoxe, os profesores do IES As Barxas de Moaña, que xa me agasallaran con isto tan lindo, fanme chegar este video que me deixa ver, emocionado, como os alumnos e alumnas de primeiro da ESO reinterpretan as ilustracións de Manel Cráneo para o meu libro.
Co corazón cheo ata arriba só podo dicir, que xa non podo pedir máis.
Grazas.


Maio 1st, 2011 at 11:56 p.m.
Grazas a tí náufrago por compartir con tod@s nós o teu talento
)
Maio 2nd, 2011 at 12:05 a.m.
Que menos!!!
Maio 2nd, 2011 at 1:12 a.m.
O libro é unha delicia e eu cada día estou máis convencida de que un/unha recibe segundo o que dá e cando iso é bo e honesto entón recibe aínda máis do que dá.
Merécelo todo, así que gózao como nós facemos coa túa escrita (e a túa fala).
Grazas!
Maio 2nd, 2011 at 7:22 a.m.
Que ben Iolanda, comezar o día lendo algo así! Bicos xigantescos e moito ánimo!!!
Maio 2nd, 2011 at 10:16 a.m.
Boa maneira de comezar o día aínda que sendo tan cedo non está mal pensar que mesmo pode ir a mellor!
Maio 2nd, 2011 at 10:22 a.m.
Sen dúbida irá a mellor!
Maio 2nd, 2011 at 10:58 a.m.
ohhhh bravoooo!!
Maio 2nd, 2011 at 11:33 a.m.
Grazas!
Maio 2nd, 2011 at 3:35 p.m.
¡Moitísimas felicitacións, Francisco!
Unha temática tan dura, tan emocional, tan íntima, non podería ser abordada doutro xeito que como tí o fixeches…
Un conto que é xa referencia sobor o alzheimer, enfermedade presente é dramática.
Un grande saúdo! ¡Noranboas de novo!
Maio 2nd, 2011 at 3:57 p.m.
Bicos e bicos e bicos para ti.
Maio 2nd, 2011 at 11:55 p.m.
Noraboa por tan grandes logros, e ante todo celebro o sentimento de plenitude que, espero, sexa xerme de moitos máis deses indispensables libros con vida propia. Alégrome moito. Un saúdo.
Maio 3rd, 2011 at 7:01 a.m.
Grazas Lucía. Sempre veñen ben estes chutes anímicos para empezar o día.
Maio 3rd, 2011 at 8:01 p.m.
Enhorabuena, para cuando la versión en castellano para los foráneos.
Maio 3rd, 2011 at 8:38 p.m.
Pois está prevista para este mes ou primeiros de xuño a máis tardar. Avisarei. Apertas
Maio 12th, 2011 at 11:50 p.m.
gracias por vir ao instituto das barxas e firmarme o libro con dedicatoria
Maio 13th, 2011 at 7:39 a.m.
Grazas a vós, Esteban, por convidarme. Paseino realmente ben.