Archive for Abril, 2011

PARA CRER NA REALIDADE DO MUNDO

13th Abril 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en PARA CRER NA REALIDADE DO MUNDO

Así titulei a miña reflexión para pechar o traballo que a mestra, e amiga, Ánxeles Abelleira Bardanca elaborou para a nosa editorial e para o Instituto Galego de Consumo. Unha completísima proposta didáctica sobre Educación e Consumo que vos deixo aquí. O meu artigo, en formato PDF, podedes descargalo aquí. No básico, maldigo todo.

NIN FUMAR, NIN BEBER, NIN FOLL..

11th Abril 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en NIN FUMAR, NIN BEBER, NIN FOLL..

Xa me teño posto en pé para maldicir en varias linguas contra do estúpido boísmo, tanto na Literatura Infantil e Xuvenil como en xeral nas distintas manifestacións da arte. Persoalmente, penso, e disimulen a falta de retórica, que co paso das décadas volvémonos medio parvos ou parvos completos (e parvas), pois hai anos viamos na […]

POR UN MANIFESTO POLA LIBERDADE NA REDE

10th Abril 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en POR UN MANIFESTO POLA LIBERDADE NA REDE

Hai tempo dixen que Internet é o mellor invento dende a imprenta. Igual de revolucionario cando menos. A Igrexa atacou o invento de Gutenberg por diabólico. Rouco Varela di que a Rede non lle gusta. Imaxino que polo mesmo (pareceralle menos perigosa a COPE, ou ESRADIO). E, sen dúbida, as chamadas Forzas da Orde (¿de […]

SALVAR UN LIBRO EN GALEGO

9th Abril 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en SALVAR UN LIBRO EN GALEGO

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/NRSli4Xtaxk” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] No blog Educortos hai un agasallo fermoso. Recibino esta mañá e aínda estou, e estarei por moitos días máis, emocionado ata a médula. Trátase do proxecto Salvar un Libro en Galego, que fan dentro da asignatura de Plástica do IES As Barxas de Moaña cos alumnos e alumnas de […]

Bendita monotonía

8th Abril 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en Bendita monotonía

Así titulei o meu artigo de hoxe en A Nosa Terra. Podes lelo aquí.

FOMENTAR DE VERDADE A LECTURA

7th Abril 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en FOMENTAR DE VERDADE A LECTURA

De sempre fun moi crítico cos Programas de Fomento da Lectura. Pero ollo, coido que hai que investir neste tipo de programas. Mais non nos que se fan decote. Están ben os contacontos animadores autobuses con citas cartelería anuncios na tele… todas esas cousas que sempre insisten no obvio (un libro é un amigo) e […]

‘CHAMÁDEME SIMBAD’, PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO

6th Abril 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en ‘CHAMÁDEME SIMBAD’, PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO

Hoxe á mañá, no Palacio de Congresos de Santiago, celebrouse a fermosa Festa da Lingua que pon peche ao Premio Frei Martín Sarmiento, un dos certames máis lindos da nosa literatura e na que milleiros de rapazas e rapaces escollen os que consideran os mellores libros. O meu Chamádeme Simbad era finalista na categoríad e […]

SEGUNDA EDICIÓN PARA ‘O SEGREDO DE MARCO POLO’

4th Abril 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en SEGUNDA EDICIÓN PARA ‘O SEGREDO DE MARCO POLO’

Hoxe, recén chegado ao mundo normal despois da estadía en Boloña, souben que a primeira edición de O segredo de Marco Polo viña de esgotarse ( 2500 exemplares) e, xa que logo, que viña de entrar no prelo a segunda edición. Daquela, un xeito ben lindo de aterrar, valga a repetición, na Terra. Nunhas semanas, a Principessa, Marco, […]

GALICIA BILINGÜE: UN GRUPIÑO DE PALETOS

3rd Abril 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en GALICIA BILINGÜE: UN GRUPIÑO DE PALETOS

No Galicia Hoxe entrevistan este domingo a Eladio Santos, un músico galego que milita na música independente. Lin con grande interese a conversa na que, entre outras moitas cousas, se posiciona diante do asunto da lingua para sinalar unha obviedade que,  no fragor da batalla, se nos esquece decote: que os de Galicia Bilingüe son […]