SALVAR UN LIBRO EN GALEGO

Posted by franciscocastro - 09/04/11 at 12:04 p.m.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/NRSli4Xtaxk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
No blog Educortos hai un agasallo fermoso. Recibino esta mañá e aínda estou, e estarei por moitos días máis, emocionado ata a médula.

Trátase do proxecto Salvar un Libro en Galego, que fan dentro da asignatura de Plástica do IES As Barxas de Moaña cos alumnos e alumnas de Primeiro da ESO. Preto de sesenta nenas e nenos puxéronse de acordo para salvar un libro en galego. Escolleron para desenvolver o proxecto o meu Chamádeme Simbad. Colgárono no blog, via youtube. E eu, como autor do libro, só podo declararme rendidamente entregado a este proxecto que é, para calquera, un presente que entra directamente no corazón. Todos eses nenos e nenas lendo un capítulo do que eu un día soñei que serían historia escrita e que, agora, na súa voz, collen unha dimensión marabillosa.

Grazas. Escribo para que pasen cousas así de lindas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

8 ResponsesSALVAR UN LIBRO EN GALEGO to “”

  1. eduplástica says:
    Abril 9th, 2011 at 1:31 p.m.

    Moitas grazas¡¡¡ ,este motivador proxecto ,»salvar un libro en galego «, parte da nosa biblioteca do IES ás Barxas que se estende e cobra vida nas aulas do noso centro

  2. náufrago says:
    Abril 9th, 2011 at 2:05 p.m.

    Pois parabéns por algo tan lindo, tan interesante e, sobre todo, tan motivador.

  3. Lucia says:
    Abril 10th, 2011 at 9:18 a.m.

    Interesante iniciativa, dende logo. Noraboa, a rapaces e autor!

  4. náufrago says:
    Abril 10th, 2011 at 10:52 a.m.

    Súmome a esa noraboa!

  5. An says:
    Abril 11th, 2011 at 2:11 a.m.

    Mais aló de que teu libro fose o elixido (polo que che desexo parabéns) O que me gustaría destacar e a boa idea que tiveron estes mozos e os seus educadores. Apertas.

  6. náufrago says:
    Abril 11th, 2011 at 7:21 a.m.

    Evidentemente. Iso é o que realmente importa. Iso é algo indubidable.

  7. Elisabeth says:
    Abril 11th, 2011 at 4:20 p.m.

    Parabéns aos pais da idea e aos alumnos por levala a cabo!
    Fermosa iniciativa, das que confirman que a educación na escola vale a pena e que non é só o que poñen os libros de texto.

  8. náufrago says:
    Abril 11th, 2011 at 7:03 p.m.

    É que o realmente importante non vén nos libros de texto.