‘CHAMÁDEME SIMBAD’, PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO

Posted by franciscocastro - 06/04/11 at 09:04 p.m.

Hoxe á mañá, no Palacio de Congresos de Santiago, celebrouse a fermosa Festa da Lingua que pon peche ao Premio Frei Martín Sarmiento, un dos certames máis lindos da nosa literatura e na que milleiros de rapazas e rapaces escollen os que consideran os mellores libros. O meu Chamádeme Simbad era finalista na categoríad e 1º e 2º da ESO.

Hoxe, foi elixido gañador e, xa que logo, xa podedes imaxinar a miña ledicia ao recibir, por terceira vez (xa o gañara con Un bosque cheo de faias e O ceo dos afogados) este galardón que sae dos destinatarios derradeiros da obra, a rapazada para quen o escribín.

Non pode haber xurado mellor.

Hoxe todo foron atencións, dende o parladoiro cos pequenos e pequenas ao emocionante acto de entrega dos premios. Non teño palabras para explicar o feliz que me fai o recoñecemento de tantos miles de lectores e lectoras que quixeron, xenerosos, darme este fermoso agasallo.

Dende aquí, comparto a miña ledicia con vós.

Os comentarios están pechados.