SEGUNDA EDICIÓN PARA ‘O SEGREDO DE MARCO POLO’

Posted by franciscocastro - 04/04/11 at 10:04 p.m.

Hoxe, recén chegado ao mundo normal despois da estadía en Boloña, souben que a primeira edición de O segredo de Marco Polo viña de esgotarse ( 2500 exemplares) e, xa que logo, que viña de entrar no prelo a segunda edición.

Daquela, un xeito ben lindo de aterrar, valga a repetición, na Terra.

Nunhas semanas, a Principessa, Marco, o Primo Xeneral, a Buffana, o Gran Kahn e o resto dos personaxes, de novo nas librerías.

Os comentarios están pechados.