E como imaxinas que estará a lingua galega dentro de 50 anos?

Posted by franciscocastro - 08/03/11 at 04:03 p.m.

De cando en vez, como sabedes, gusto de poñervos preguntas para a reflexión e o debate.

A de hoxe, e para os días que seguen, vai sobre algo que nos preocupa moito e dende sempre: o futuro da lingua de nós.

Por iso quero que fagamos un exercicio de prospección. Atrevédevos a contestar a esta pregunta: como imaxinades a lingua galega dentro de medio século?

Sede realistas. Tentade ser obxectivos. Que non vos cegue a paixón. Tampouco o derrotismo nin o optimsimo irracional.

E iremos recapitulando.

Os comentarios están pechados.