‘O segredo de Marco Polo’ finalista dos premios da AELG

Posted by franciscocastro - 04/03/11 at 03:03 p.m.

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega vén de dar a coñecer hai nada os títulos finalistas na edición dos Premios AELG 2011.

A miña novela O segredo de Marco Polo está entre as obras que competirán polo galardón na categoría de Infantil e Xuvenil, que se fará público durante a Cea das Letras a celebrar en Santiago o vindeiro 30 de abril.

Velaquí vos deixo a ligazón onde se informa de todos os finalistas en todas as categorías.

Como imaxinades, estou moi contento.

Os comentarios están pechados.