APROVEITEMOS PARA CARGARNOS A CULTURA
Posted by franciscocastro - 24/02/11 at 03:02 p.m.
Que hai unha crise económica é algo tan obvio que eu non vou atreverme a cuestionar. Érache boa. Outra cousa é que si cuestione a lóxica absurda e imperante de tanto falar dela todo o tempo e a todas horas, pois o que xa conseguimos foi que todo o mundo teña interiorizada unha especie de constrición inevitable que leva á paralización de toda actividade. Porque este tipo de aceptacións traen sempre consigo actitudes conservadoras, retrógradas e inmobilistas.
Isto está a notarse moi especialmente no mundo da cultura. E non falo, só, da desaparición das subvencións, senón, sobre todo, á minimización dos orzamentos para gasto cultural a todos os niveis (central, autonómico e concellos).
A idea -conservadora, neocón-que se manexa é: estamos en crise, xa que logo, non hai que investir en cultura. Hai que centrarse no realmente importante.
E daquela, aceptamos todo. Que non haxa para bibliotecas, que pechen clubes de lectura, que moitos proxectos lindos dende o punto de vista cultural non poidan nin soñarse (literal: os creadores saben que non van atopar apoios e, daquela, xa nin proxectan… para que).
E aí protesto. Non todo vale. A crise non é escusa. Estou certo de que entre todos e todas somos quen de nos imaxinar un cento (non esaxero) de gastos da administración absolutamente prescindibles ou, se queredes que o diga na mesma linguaxe ca eles, un cento de gastos destinados a cousas que, en realidade, non son importantes.
Porque a cultura, señores e señoras que nos administran, si que é importante, esencial, básica, fundamental. E por moita crise que haxa, precisamente para axudar a saír dela, convén que non perdamos de vista apoiala. E á educación, xa que estamos.
O da crise agora é unha escusa. Que nos fará, aínda, máis e máis parvos.


Febreiro 24th, 2011 at 4:21 p.m.
Estoy de acuerdo, en que la Administración destina dinero a cosas no importantes. Es curisa esa excusa porque, cuando no había crisis tampoco es que se invirtiera mucho en cultura.
Por otro lado creo que, la excusa de la crisis tambien la utiliza el ciudadano de a pié cuando se trata de compara libros, ir al teatro o actividades similares sin embargo, se gastan una pasta en ir a un partido de fútbol, ir a un restaurante o irse de vacaciones. La cultura es algo que, en mi opinión nunca nos podremos cargar, ella estará siempre ahí, en gran medida depende de nostoros el acceder a ella o no.
Febreiro 24th, 2011 at 5:13 p.m.
Claro que sí: apoie ou non a administración, se somos consumidores de cultura, todo será máis doado.
Febreiro 25th, 2011 at 9:48 a.m.
Amén.
A cultura é unha das inversións máis rendables… pena que só sexa evidente para quen a ten de antemán
Febreiro 25th, 2011 at 2:59 p.m.
Tamén creo que é importante esos recortes na educación (polo menos, dende o punto de vista dos políticos). A educación (a educación sana) crea unha cultura creativa e unha morea máis de interrogantes. É un feito que a través da lectura, a educación, o arte, etc… a xente termina preguntándose cousas e iso non interesa. É máis interesante que nos comportemos como borreguiños «á procura do bo pastor (de que nos digan qué hai que facer, para onde hai que mirar, de qué nos temos que rir, asombrar, enfadar e demais)».
Febreiro 25th, 2011 at 3:48 p.m.
Nós si que o temos claro. Mágoa que os políticos, non.
Marzo 4th, 2011 at 3:34 a.m.
Coido que parvos habiamos ser si nos deixásemos fundir por esta suposta crise (eu si a poño en dubida, para haber unha crise, penso eu, todos tiñamos que estar moi mal, e dáme a min que non é así) e non tratamos de utilizar a nosa imaxinación, pouca ou moita, para capeala. Apertas
Marzo 4th, 2011 at 3:36 a.m.
Eu sintome afortunado tendo a Kristina como amiga…Desexolle toda a sorte do mundo, inda que penso que o recoñecemento en si, xa é un grande premio. Apertas
Marzo 4th, 2011 at 8:20 a.m.
Levas razón An, a crise non pode afundirnos. A cultura aguantará se queremos que aguante.