Archive for Xaneiro, 2011

EU QUERO SER AZNAR

12th Xaneiro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en EU QUERO SER AZNAR

Eu quero ser Aznar. Un dos traballos que dende hai moito tempo asumimos todos aqueles que queremos entender o noso traballo de escritores como un traballo profesional, é cobrar polo que facemos. Igual é politicamente incorrecto escribilo con tanta crueza, pero si Messi cobra por facer o seu, eu tamén. E digo isto ao tempo […]

A XENTE CULTA SI QUE FALA GALEGO

10th Xaneiro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en A XENTE CULTA SI QUE FALA GALEGO

Sempre gustei de Moncho Borrajo. No panorama de cómicos que invadía a tele nos anos oitenta, con diferenza el era dos poucos que mantiña un discurso un pouco diferente e afastado dos clixés ao uso. Por iso lin con grande interese esta conversa publicada onte no Galicia Hoxe e na que, entre outras cousas, dá […]

NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (6)

9th Xaneiro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (6)

Hai moitos anos, cando tiña vinte e poucos, usaba un fermoso reloxo que imitaba á madeira que levaba sempre pendurado do peto dereito do meu pantalón ou por dentro dun chaleque. Parecía un señor maior. Barbudo e serio coma un segundo tráxico. Aos trinta  e pico perdín o reloxo aquel e, en troques de mercar […]

DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Os curiosos mecanismos da inspiración

8th Xaneiro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Os curiosos mecanismos da inspiración

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/Vs5qsk0pc6Y” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Hoxe deume por cambiar un pouco esta sección e, en troques de lervos un texto meu xa publicado, como foi ata o de agora, decidín abrir o micro e reflexionar en voz alta, así, en pixama e zapatillas, mentres aí fóra chove a cachón, coa voz aínda durmida e […]

O MEU RECORDO DE BOBBY FARRELL: ALMUDENA

5th Xaneiro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en O MEU RECORDO DE BOBBY FARRELL: ALMUDENA

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/fGyfxOCYvtM” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Non dixera nada do pasamento de Bobby Farrell, o cantante de Boney M, que sentín moito. Pero xa é tempo porque, como me acontece con toda a música, teño lembranzas moi vivas e moi lindas asociadas a algunhas das súas cancións. Sobre todo, unha lembranza que se chama Almudena. […]

AS TETAS DE SARA CARBONERO

3rd Xaneiro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en AS TETAS DE SARA CARBONERO

Eu digo o que digo e métolle caña aos medios de comunicación. Que son un desastre. Que nos matan co telelixo, de cada vez, por certo, máis presente na prensa escrita. Sen embargo, son os medios de comunicación que sen dúbida merecemos. Porque non existirían, iso está clarísimo, se a xente non prendera a tele […]

NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (5)

2nd Xaneiro 2011 by franciscocastro Comentarios desactivados en NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (5)

Hoxe, como cada domingo, acodín, porque é o único día nesta illa de Náufrago que abre, á Oficina de Obxectos Perdidos. E en troques de ir a última hora, como sempre facía, aquí me tendes, a primeirísima hora da mañá, preguntando se é que alguén trouxo algún daqueles libros da Sabedoría que consultaba antes, cando era […]