NEGRATAS

Posted by franciscocastro - 21/01/11 at 03:01 p.m.

Leo nos xornais que nos EUA vén de publicarse unha nova versión do clásico de Mark Twain, Hucklebery Finn, no que a palabra negrata, que de feito sae 214 veces na novela, desaparece do libro en aras da corrección política. Agora aparecerá substituída por escravo.

Xa teño falado algunha vez disto, do boísmo, ou da existencia de tabús na literatura infantil e xuvenil. E penso que é un erro que se comentan eses atropelos contra das versións orixinais das obras.

A literatura, toda,debe tratar de todos os temas. E hai que partir, sempre, da idea de que a rapazada non é parva e, xa que logo, que entende as cousas como son e no seu contexto. E se non o entende, haillo que explicar. Ademais, e entre outras cousas, a LIX debe servir para que se entenda o mundo, e para entender a historia deses dous aventureiros do Mississippi, hai que saber que aquela era unha sociedade absolutamente racista e que o propio rapaz protagonista, a pesar do que quere ao seu amigo negro, en realidade non acaba de ver claro de todo que non sexa un ser inferior.

O feito de que rapazas e rapaces de hoxe lean o libro tal e como foi escrito, sen a censura da parvura, é algo que parece de senso común e máis que necesario pola súa boa saúde mental. Porque, se non, haberá que prohibir xa a Biblia, pois dá unha imaxe da muller penosa, dende Eva, Esa Gran Culpable de Todos Os Males.

Canta parvura nos rodea…

Chuzame! A Facebook A Twitter

8 ResponsesNEGRATAS to “”

  1. Beluka says:
    Xaneiro 22nd, 2011 at 11:59 a.m.

    Paréceme moi forte, a verdade… Tanto esconder as cousas, no futuro hanse cometer as mesmas gambadas do pasado (e do presente).
    Concordo con vostede, sen lugar a dúbidas.
    Apertas!

  2. náufrago says:
    Xaneiro 22nd, 2011 at 2:29 p.m.

    Pois moitas grazas. As mesmas apertas para vostede.

  3. An says:
    Xaneiro 23rd, 2011 at 5:44 a.m.

    limpando o faido da casa e ordeando as cousas que quedaron do meu irmán :_) topei un libro on decia que sur america foi repoboa (repoboada) por un alto numero de «Españoles, Portugueses y amarillos» hehehehehe, antes tiñase menos coidado con isas cousas, e non andamos a paos nen somos todos racistas, e máis eficaz ensinar o significado real das espresións no libro, que ocultalas. Apertas

  4. náufrago says:
    Xaneiro 23rd, 2011 at 10:19 a.m.

    Dende logo que, a día de hoxe, sería imperdoable escribir iso de «amarillos», pero eu ao que me refiro é a que hai obras que naceron nun determinado contexto e, tocalas para «modernizalas» ten un punto salvaxe e moi parvo.

  5. amara orzania says:
    Xaneiro 24th, 2011 at 11:10 a.m.

    Estou totalmente dacordo contigo. Unha persoa que coñezo enviou unha historia para un concurso xuvenil. Aínda que, como se enterou máis tarde, sendo a favorita do xuri, rexeitada por unha censura ñoña e parva non gañou o premio. Con esas mentes de tesoira, a literatura, mancada, perde a súa beleza orixinal.

  6. náufrago says:
    Xaneiro 24th, 2011 at 4:35 p.m.

    Si, iso é o peor: que empeza a haber «síndrome de Estocolmo» en autores/as, xurados, profesores/as, editores/as… un desastriño.

  7. Iolanda says:
    Febreiro 4th, 2011 at 12:21 p.m.

    Estou totalmente de acordo, aínda así, a proposta de facer algo coa imaxe da muller que dá a Biblia paréceme interesante. Non habería que prohibila, que ben importante é que se saiba que imaxe da muller quere transmitir a igrexa católica, pero igual non estaba de máis restituír o censurado. Reivindiquemos a Lilith e lembremos que a censura (ou manipulación ideolóxica)xa «nos vén de atrás»…

  8. náufrago says:
    Febreiro 4th, 2011 at 2:06 p.m.

    Totalmente de acordo, Iolanda. Aínda hai moito camiño que andar…