EU QUERO SER AZNAR

Posted by franciscocastro - 12/01/11 at 05:01 p.m.

Eu quero ser Aznar.

Un dos traballos que dende hai moito tempo asumimos todos aqueles que queremos entender o noso traballo de escritores como un traballo profesional, é cobrar polo que facemos. Igual é politicamente incorrecto escribilo con tanta crueza, pero si Messi cobra por facer o seu, eu tamén. E digo isto ao tempo que sinalo que os que nos movemos no mundo da cultura facemos moitísimas cousas ao longo do ano pola que só recibimos afecto, aplausos e, en non poucas ocasións, incomprensións e críticas.

Eu quero ser Aznar.

Pero en fin, que non é disto do que quero falar que vou parecer un peseteiro e eu, a verdade, como que paso moito do asunto. Do que quero falar en realidade é desa nova, que me ten impactado dende primeira hora da mañá que a escoitei, de que o ilustre declarador de guerras cobra por cada conferencia 36.000 euros. Para gañar iso, un escritor ou escritora galega, barallando as tarifas medias, tería que dar unhas 120 conferencias.

Si, sen dúbidas, eu quero ser Aznar.

Os comentarios están pechados.