AS TETAS DE SARA CARBONERO

Posted by franciscocastro - 03/01/11 at 03:01 p.m.

Eu digo o que digo e métolle caña aos medios de comunicación. Que son un desastre. Que nos matan co telelixo, de cada vez, por certo, máis presente na prensa escrita.

Sen embargo, son os medios de comunicación que sen dúbida merecemos. Porque non existirían, iso está clarísimo, se a xente non prendera a tele ou, mellor, a apagase, cando saíra a Esteban ou calquera deses produtos feitos a posta para nos emparvecer.

Pero resulta que non. Que iso é o que vemos, o que nos mola, o que nos interesa.

E os datos son os datos.

A web de La Voz de Galicia, o xornal máis consultado na rede, informaba o último día do ano de cales foran as novas máis seguidas polos internautas. E nesa lista, aparece como a cuarta máis vista, a operación de peitos de Sara Carbonero. Concretamente esa nova recibiu 57.920 visitas.

Así que igual xa non debo, máis nunca, criticar aos medios por darnos o que nos dan. Porque, seica, limítanse a darnos o pan et circensis que queremos, desexamos e, xa que logo, merecemos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

20 ResponsesAS TETAS DE SARA CARBONERO to “”

  1. Alberto Quian says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 4:03 p.m.

    A xente pide e os xornais provén. Coido que os que procuramos outro tipo de xornalismo erramos ao pensar que é culpa dos medios a oferta miserenta que temos, e non é así; a lei da oferta e da demanda na información é clara: os xornais ofrecen o que demanda o público, información lixo.

  2. náufrago says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 4:09 p.m.

    Daquela, concordamos.

  3. ailaleloailalalo says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 4:18 p.m.

    estoy dacordo con volos dous… e para que a xente queira ler outro tipo de informacións habería que educar á sociedade para que sexa crítica… e ese non é o caso… non hai que ver máis qeu os datos de pisa
    hai qeu mellorar a educación… e eso non o van a facer… é mellor que estemos vendo a Belén Esteban en vez de criticar as medidas dos políticos

  4. ailaleloailalalo says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 4:20 p.m.

    e eu debería mellorar a miña escritura… jajajajajajaja… perdonade os qeu

  5. náufrago says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 5:11 p.m.

    En efecto, así debería ser. Pero non lles convén.

  6. Tasia says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 6:35 p.m.

    Xa dixera eu nalgún momento que ía ser relevante a información sobre as tetas de Sara Carbonero… que eu estou disposta a defendela dos ataques machistas pero o poría máis doado rematando a carreira que operando as tetas!
    Pois isto é o que hai, e logo choraremos porque pechou CNN+… ah! que non choramos?! pois non, non choramos. Outra cousa sería que morrese a princesa do pobo, por poñer un exemplo, que líbreme dios de desexar que lle pase nada malo!
    Por algo será que preferimos ver o que vemos e non outras cousas. Cegueira voluntaria, supoño, igual que a memoria selectiva.

  7. Maeloc says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 7:56 p.m.

    É vomitivo, mais, ao peor, son os medios de incomunicación que merecemos, porque a xente mira, e moito, para eles, mentres que un servidor sente cada vez máis a soidade do corredor de fondo.

  8. náufrago says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 8:36 p.m.

    Certo Tasia, cambian Novas por Gran Hermano e non pasa nada. Maeloc: non estás tan só. Somos, no fondo, unha chea deles e delas.

  9. Xerardo Méndez says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 9:48 p.m.

    A! Pero é que na Voz había algo máis interesante?

  10. náufrago says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 9:59 p.m.

    Si ho, seguro que si…

  11. Carlos Requeixo says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 10:31 p.m.

    Pasar de botar na mesma canle CNN+ a Gran Hermano ilustra moi ben sobre a evolución dos medios en xeral.

  12. noam says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 10:42 p.m.

    Non estou dacordo con vos.Hai unha responsabilidade por parte dos medios da información que dan.Eu non creo que estes sean os medios que nos merecemos.Cando na televisión botaban series como «Yo Claudio» eran do mais seguido pola audencia.

  13. E Carpente says:
    Xaneiro 3rd, 2011 at 11:30 p.m.

    Eche o que hai, amigo!

  14. Xavier Pazos says:
    Xaneiro 4th, 2011 at 1:04 a.m.

    Noam, «Yo Claudio» botábana hai 30 anos… e hai algo peor que unha audiencia inculta: unha audiencia maleducada.

  15. náufrago says:
    Xaneiro 4th, 2011 at 9:41 a.m.

    O debate é interesante: que pasaría se agora ás teles se lles dese por emitir series de calidade, como suxire Noam, bos informativos, películas dignas, programas musicais ben feitos, etc? Desertaría a audiencia?

  16. Alberto Quian says:
    Xaneiro 4th, 2011 at 11:50 a.m.

    Noam, Francisco, hai 30 anos na tele só había dúas canles e non podías elixir. Agora temos 40 canles e a xente elixe GH, Sálvame, Salsa Rosa… Mesmo os políticos e xornalistas elixen agora La Noria como espazo de referencia para o debate, o cal xa demostra moi ben o mal que imos. Algúns utópicos pensan que se emitisen a Punset en prime time e en La 1 podería ser líder de audiencia. Seguro? Dubídoo moito. Poñamos outro exemplo: os programas literarios. Que audiencia terían ás dez da noite en La 1, TVG, Telecinco ou Antena 3? Pois seguro que pouca, como lectores hai en España e en Galicia. Esas cadeas perderían ‘share’ nas horas de máxima audiencia. Claro que no caso de TVE, como cadea pública e sen publicidade deberían arriscar máis e levar até as últimas consecuencias iso do «servizo público». Pero como digo: non sexamos ilusos, oferta hai -por suposto, podería ser mellor- e cada vez temos máis canles alternativas de información e entretemento -véxase por exemplo internet-, pero a xente o que máis compra é o Marca, o que máis le é o Hola e o que máis ve é o GH. E logo vas a Youtube e comprobas que no ranking do máis visto está o mesmo de sempre: as trapalladas. O problema está na educación e na cultura que recibe a xente, non hai máis. Que os medios de comunicación son malos? Pois si. Que esqueceron hai tempo a súa función de servizo á sociedade e as súas responsabilidades, como a de informar, educar…? Tamén. Que só se moven por intereses económicos? É obvio. Pero quen preme o botón do mando a distancia, quen fai do Marca o xornal máis lido e quen preme o play dos vídeos en Youtube? Fai falla máis e mellor educación e cultura para as novas xeracións. Coma sempre, a clave está no sistema educativo. E eu non teño moitas esperanzas nel, nin nos medios de comunicación nin na miña profesión, o xornalismo.

    Saúdos ;-)

  17. náufrago says:
    Xaneiro 4th, 2011 at 4:58 p.m.

    Demoledora a túa argumentación. Imposible non concordar, agás na conclusión: a min paréceme que debemos, precisamente por todo o que comentas, ser positivos. Do contrario, estamos mortos de todo. Agora agonizamos. Se tiramos a toalla, morremos seguro. Saúdos.

  18. Cris says:
    Xaneiro 4th, 2011 at 11:25 p.m.

    Alberto Quián, estou contigo todo está na educación como sempre argumento…

    E as xeracións que xa foron educadas así… moitas veces penso que prefiren ver esas cousas por non molestarse en pensar, é cansado ás veces, a verdade é que non lle atopo outra explicación, se é que a ten distinta de que somos tont@s de remate :(

  19. Son Unha Xoaniña says:
    Xaneiro 5th, 2011 at 5:03 a.m.

    Eu concordo totalmente con Alberto Quián, e digo tamén que as solucións veñen coa educación tanto neste tema como no da violencia de xénero ou a violencia en xeral, moito prohibir, moito tal, pero nunca se fala do que verdadeiramente resolvería moitos problemas a EDUCACIÓN, pero claro esto non da votos, é unha cousa a longo prazo, e canto mais se aprace mais empeorará o asunto en fin… non quería ser moi catastrofista pero a cousa non pinta ben.

  20. náufrago says:
    Xaneiro 5th, 2011 at 9:34 a.m.

    E ademais, iso dá moito traballo político. Investir en educación, en cultura, en bibliotecas… todo iso dálles traballo e poucos réditos electorais. Prefiren financiar a foto doada, o populismo…. e o risco, como sempre dicimos, é o fascismo por idiocia xeral.