NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (2)

Posted by franciscocastro - 12/12/10 at 11:12 p.m.

Como cada domingo abriu nesta miña illa de náufrago, a Oficina de Obxectos Perdidos. Eu estaba fronte a porta dende primeira hora da mañá, ansioso, pois perdín unha aguia de moito valor que vivía comigo na miña cova. Ela servíame para erguerme por riba do mundo e, dende alí, velo todo doutra maneira. A miña aguia, seria coma se estivese enfadada con todos, era os meus ollos alí enriba.

E, podedes crerme, cando se ven as cousas dende enriba vense moito mellor. Impórtanche moito menos algunhas. E comprendes que é o realmente importante.

Se alguén a ve por aí, sobre o ceo, por favor que se poña en contacto comigo e que me conte.

Que agora non vexo nada.

Chuzame! A Facebook A Twitter

5 ResponsesNA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (2) to “”

  1. Zeltia says:
    Decembro 13th, 2010 at 1:23 a.m.

    Pois eu perdín unha caixa grande cun lazo vermello, onde levaba o futuro metido dentro: era o agasallo da vida. Sempre miraba a caixa coa emoción da sorpresa que me depararía. Alguén me debeu pegar o cambiazo, porque a caixa que abrín non ten sorpresas, só unha expectación pasada.
    Teño unha grande caixa co lazo desfeito.

  2. Fasedoira says:
    Decembro 13th, 2010 at 2:21 a.m.

    Esta na casa de Suso Cubeiro, fica conxelada nun dos seus debuxos, está pintada nunha caixa de froita, desas de tabliña, pintouna o día que naceu Xana, a súa filla pequena, é raro velas por Figueroa, pero esa foi unha sinal de que Xana chegaba :) cando pase por alí mándoche unha foto á túa illa, para que sepas que está ben ;)

  3. náufrago says:
    Decembro 13th, 2010 at 9:49 a.m.

    Grazas Fasedoira: síntome aliviado ao saber que está en boas mans. Zeltia: eu tamén perdín algunha vez unha desas. Pero non te preocupes, volverá. Bicos.

  4. Maeloc says:
    Decembro 13th, 2010 at 9:19 p.m.

    Parabéns por teres tanta ilusión e forza e polo teu nomeamento en Galix. Eu tamén perdín unha aguia,no seu defecto xa hai moitos anos que merquei unha bicicleta que tamén libera moito, mais ten o perigo dos coches que van coma tolos

  5. náufrago says:
    Decembro 13th, 2010 at 10:54 p.m.

    Cantas ganas teño de ter unha bici! Grazas polos azos.