O NÁUFRAGO AVISA

Posted by franciscocastro - 06/12/10 at 12:12 a.m.

que cada domingo, PERO SÓ OS DOMINGOS, abrirá na súa illa unha Oficina de Obxectos Perdidos, para que, entre todos, atopemos esas cousas que un día perdemos e que igual xa non imos recuperar máis nunca. Se alguén considera que perdeu algo e puidera ser que entre todos e entre todas llo atopemos, pois que se dirixa a este náufrago e faremos o que poidamos.

Polo de agora infórmovos que hoxe fun á Oficina para ver se estaba alí o pasaporte que se me perdeu e que me permitiría sair, para sempre, desta illa de náufrago e volver así á normalidade da vida normal dos que non precisan pasaportes.

Daquela, se alguén o atopa, por favor que  me diga como podo facer para recuperalo.

Os comentarios están pechados.