E SE HOXE REMATASE O MUNDO, QUE LEVARÍAS?

Posted by franciscocastro - 01/12/10 at 04:12 p.m.

Hai moito tempo que non vos poño unha preguntiña desas que, en plan exame, gusto de poñer de cando en vez, que tan bo xogo nos dan e, sobre todo, que permiten que pensemos e, coas respostas, que nos retratemos.

O que vou preguntar naceu esta mañá, cando alguén comentou na radio que pasara o partido do século e o mundo non rematara. Pois claro. Érache boa.

Mais o comentario fíxome pensar en que gustaría de saber, no caso de que hoxe o mundo si que rematase, e nos garantisen que podemos levar algo con nós, pois que é o que levariamos cada un. Non vale dicir persoas. É obvio que, se puideramos levar a alguén con nós sempre o prefeririamos a calquera obxecto. Pero teñen que ser obxectos.

A miña resposta está xa na foto.

Agora a ver as vosas.

Os comentarios están pechados.