SON TODO XENREIRA

Posted by franciscocastro - 24/11/10 at 04:11 p.m.

Coido que unha das mellores cousas que nos dá a literatura, aos que escribimos, é a posibilidade de saldar contas con quen nos pete. Facer xustiza. Que gañen os bos. Maldicir. Explicar outros mundos.

Eu escribo, tamén, para iso, para saldar contas. Fíxeno en Xeración Perdida, coa miña época adolescente, coa desfeita que padecemos; fíxeno en Memorial do Infortunio, deixándolle aos colonizados gañar unha batalla; fíxeno en As palabras da néboa, dándolle a victoria á razón fronte da barbaria; fíxeno en Spam, cagando no capitalismo; fíxeno, coido, en todas as páxinas que ata o de agora escribín.

Daquela, conclúo, son un tipo posuído pola xenreira.

Os comentarios están pechados.